丘陵要塞

Castro de Tralocastro

Ferrol · A Coruña

Castro de Tralocastro

O castro de Tralocastro ou Castro de Esmelle é un poboado castrexo fortificado situado no cumio dun monte na parroquia de Esmelle (Ferrol). == Descrición == O recinto principal ten forma case circular. De norte a sur uns 76 m e de leste a oeste uns 89 m. A construción ten tres muros de forma case concéntrica aproveitando a forte pendente natural. O poboado ten dous accesos. O principal na zona sur leste a outra no nordeste. Polo interior, paralelamente aos muros de pedra, discorre un camiño. Nas escavacións xunto ao segundo muro ao sueste atopáronse dúas edificacións con muros de pedra. A primeira situada máis alta tendo un espazo de 1,7 m por 1,8 m. Os muros de pedra miden ata 80 cm de altura. Na segunda construción as esquinas son redondeadas. Os muros teñen un groso de 50 cm hai dúas zonas, unha inferior de 40 cm a modo de cimentos e a superior de 70 cm. de superficie lisa. A función destas construcións é descoñecida. O castro está catalogado e protexido por patrimonio, é propiedade do concello de Ferrol que realiza traballos de estudo. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Arco Ártabro

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近