丘陵要塞

Castro de Untia

Betanzos · A Coruña

Castro de Untia

O castro de Untia é un poboado castrexo sobre o cal se asenta a actual cidade de Betanzos. == Historia == A actual cidade de Betanzos asenta sobre o castro situado no outeiro entre os ríos Mandeo e Mendo, ao fondo da ría de Betanzos. O trazado das sucesivas edificacións e rúas ao longo do tempo mantivo a estrutura ovalada e o escalonamento imposto pola orografía do monte. A croa do castro estaría na zona máis alta do monte, sendo a actual praza da Constitución. O rei Afonso IX nun documento datado en Valencia de Don Juan o 13 de febreiro de 1219 traslada a vila de Betanzos ao castro de Untia (Castrum de Vnctia) a petición dos habitantes. O castro era entón propiedade do mosteiro de Sobrado. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Arco Ártabro

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近