丘陵要塞

Castro do Petouzal

Narón · A Coruña

Castro do Petouzal

O Castro do Petouzal ou Castro do Couto é un castro costeiro de chaira-outeiro fortificado de Narón. == Descrición == O castro está situado na ladeira do monte do Couto de costas á ría de Xuvia e moi preto do Mosteiro do Couto ao que dá nome. Ten unha forma case circular de 87 metros de N-S e 108 metros de E-O. Só se conserva a parte S-E onde se poden ver tres liñas defensivas concéntricas moi próximas entre elas. O resto do castro está moi afectado polas labouras agrarias. A croa foi aproveitada como leira. Sobre a croa pasa unha liña eléctrica. O castro está catalogado e protexido por Patrimonio. == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Arco Ártabro === Ligazóns externas === Castro do Couto (en castelán).

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近