修道院

Convento de San Martiño de Pantón

Pantón · Lugo

Convento de San Martiño de Pantón, 修道院 en Pantón

照片: Lucas Vázquez · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Pantón的宗教建筑, 海拔约 369 米, 距Camiño de Inverno 2.8 km.

O convento da Purificación da Sagrada Virxe María, tamén chamado convento de San Martiño de Pantón, é un edificio relixioso situado na parroquia de Pantón, no concello do mesmo nome. Atópase ó carón da igrexa parroquial.

Historia

En 1569 o párroco de Santa María de Río, Alfonso Ares legou no seu testamento a casa patrucial, chamada de Ferreirós, sita en San Martiño de Pantón, con tódolos mobles e inmobles dos que era ou puidese ser dono, para edificar un convento que sirva de acougo e albergue a relixiosos da orde de San Domingos. O seu propósito de formar un convento foi informado favorablemente polas xerarquías diocesana e dominica, e presentouse ó Capítulo Provincial, celebrado en Valladolid o 7 de maio de 1569. Alí os capitulares ordenaron a súa execución, é dicir axunta-los relixiosos precisos e mandalos a Pantón. Contaba co número mínimo de relixiosos esixido polas constitucións dominicas: doce freires e un prior.. Nun principio o seu que facer estaría centrado primordialmente en levantala casa ou adecentela vella, e en atender a parroquia. Organizarían misións e quizais abriran estudo de Gramática e de Artes. O convento tiña categoría de vicariado; logo ó final, acadou o de priorado. Algúns dos vicarios foron frei Pedro Fernández (1603), frei Nicolao de Avedaño (1605), frei Pedro Díaz (1611-1613), frei Xoán de Huerta (1617) e frei Xusto de Oviedo (último vicario do convento). A estadía dos dominicos en Pantón foi breve. A partir de 1617 comezan a xestionar o traslado a Monforte de Lemos, o que encaixaba moi ben cos afáns expansionistas da orde dominica. A razón principal para o traslado sería por motivos económicos ó ser as súas posesións máis ben limitadas. De xestionar o cambio encargouse o prior frei Xusto de Oviedo, que viaxou a Roma para acadar o permiso de abandono de Pantón e fixación da comunidade en Monforte de Lemos, o que obtivo mediante a bula do papa Gregorio XV o 12 de marzo de 1621. O priorado quedou convertido nunha simple reitoral. Nela viviu un frade dominico como encargado da parroquia e da administración dos bens, agora de San Xacinto de Monforte de Lemos. Foi adquirido recentemente por un empresario de Pantón residente nas Canarias, onde posúe unha cadea de hoteis.

Galería de imaxes

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Convento

供奉 天主教

现用途 Convento

别名 Convento da Purificación da Sagrada Virxe María

该点海拔 ≈ 369 m · Terrain Tiles

最近城镇 O Castro de Ferreira,1.2 km

圣雅各之路 Camiño de Inverno,2.8 km

全市人口 2,351 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近