洞穴

Cova das Choias

Óutara · A Pobra do Brollón · Lugo

Cova das Choias, 洞穴 en A Pobra do Brollón

照片: 4migosd xavitooh · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

洞穴在西班牙, 海拔约 490 米, 距Sarria 16.2 km.

A cova das Choias ou burato das Choias é unha gruta situada na parroquia de Óutara, preto da aldea de Biduedo, no concello da Pobra do Brollón. Chámase así porque na súa entrada habitaban numerosas choias biquivermellas, que teñen o pico curvado e vermello.

Descrición

A cova das Choias é de orixe natural, aínda que predominan nela as cavidades practicadas pola man do home para a extracción do mineral de ferro, basicamente durante os séculos XVI e XVII. As súas dimensións son moi grandes e son visibles desde a entrada. A bóveda alcanza máis de 30 metros de altura, a súa lonxitude é duns 120 metros e a anchura excede os 20. A gruta consta de tres niveis, sendo o intermedio o máis interesante debido á presenza de caprichosas formacións rochosas modeladas polo paso do tempo e pola acción humana. Na paisaxe do interior da caverna chaman tamén a atención os fortes contrastes de cores producidas pola oxidación do ferro presente na rocha, que van desde os verdes intensos ata unha variada tonalidade de ocres. A uns 75 metros da entrada, na parede da dereita, ábrese unha galería que comunica co nivel inferior. O paso dun nivel a outro resulta algo problemático a causa do lixeiro desnivel e do chan esvaradío, polo que convén extremar as precaucións. Aquí localízanse outras cinco galerías, das que só a central ten saída ao exterior, aínda que se acha tapada pola maleza.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Cova

该点海拔 ≈ 490 m · Terrain Tiles

最近城镇 Sarria,16.2 km

全市人口 1,602 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近