耶稣受难

Cruceiro do Adro de Taragoña

Rianxo · A Coruña

O cruceiro do Adro de Taragoña é un monumento relixioso situado a carón da igrexa de San Salvador de Taragoña (Rianxo). == Descrición == O cruceiro, situado no adro, posúe un altar. Ten plataforma dun grao e pedestal moi moldurado e con grande escocia. O fuste é de sección octogonal, cadrada nos extremos. O capitel, de formigón moi decorado, ten volutas, follas de acanto, querubíns e orlas vexetais. A cruz, tamén de formigón, ó igual cás imaxes, de sección cuadrangular ruda. O Cristo ten as mans abertas e coroa de espiños. A Virxe María está orando cos dedos entrelazados sobre nubes. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === PXOM de Rianxo 2014.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近