湖泊
Encoro da Fervenza
Olveira · Dumbría · A Coruña

照片: luscofusco · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Olveira (Dumbría, A Coruña)的湖泊, 海拔约 290 米, 距Camiño de Fisterra-Muxía 2.7 km.
O encoro da Fervenza é un pantano artificial creado en 1966 no río Xallas (o máis grande deste río), situado entre os concellos de Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas. A súa capacidade é de 103 hm³ e ocupa unha superficie de 1.250 hectáreas. A presa, cunha altura de 27 m e unha lonxitude de 127 metros, érguese sobre os lindes que separan os concellos de Dumbría e Mazaricos, toma o seu nome dun dos dous pequenos montes que forman a gorxa onde se asentan os seus cimentos: o Castelo da Fervenza (na parroquia de Olveira).
Historia
Foi creado para abastecer unha central hidroeléctrica, operada na actualidade pola empresa Ferroatlántica. A súa construción cambiou a vida dos habitantes desta comarca pois inundou grandes vales e extensas áreas de cultivo. Ademais o volume da auga embalsada variou o clima da zona lixeiramente, aumentando a humidade e formando grandes bancos de néboa con frecuencia. Baixo as súas augas ficou tamén o dolmen da Gándara de Baíñas, só visíbel cando o nivel das augas baixa considerablemente. O movemento das augas foi desgastando as pedras e a mámoa, que agora se conserva como residuo. Aínda se pode observar claramente a circunferencia da mámoa, que envolve esta chanta vertical aguda. Ao seu carón están o resto de pedras que conformaban o dolmen rotas, unha delas pola metade. Entre o encoro e a desembocadura en forma de fervenza do Xallas pódense atopar tres presas hidroeléctricas máis: a da Ponte Olveira, Castrelo e a de Santa Uxía. No ano 2007, os responsábeis da xestión do aproveitamento autorizaron o baleirado do encoro para a máxima produción de electricidade, xerando uns beneficios de 610.000 euros mais causando un gran desastre ecolóxico xa que provocou a morte de milleiros de peixes. Por ese motivo foron condenados os responsábeis cunha multa de pouco máis de 300.000 euros.
Galería de imaxes
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Encoro
该点海拔 ≈ 290 m · Terrain Tiles
最近城镇 A Picota,5.9 km
圣雅各之路 Camiño de Fisterra-Muxía,2.7 km
全市人口 2,718 (2025) · IGE
乘巴士前往
- O Couquiño796 米外A Picota (centro saúde)-Olveira · A Picota (centro saúde)-Olveira · A Picota-Olveira (XS) · A Picota-Olveira · A Picota-Olveira (XS) · A Picota-Olveira
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。
