湖泊

Encoro de Portodemouros

Vila de Cruces · Pontevedra

Encoro de Portodemouros

O encoro de Portodemouros é unha represa artificial da conca do río Ulla, situada no centro xeográfico de Galicia. A presa encóntrase entre os concellos de Arzúa e Vila de Cruces, e as augas inundan tamén parte dos concellos de Santiso e Agolada. Ten unha capacidade de 297 hm³. A elección da localización debeuse entre outros factores á existencia na contorna dos materiais necesarios para a súa construción, ademais da excelente impermeabilidade da cerrada. == Historia == Nunha orde ministerial do 10 de novembro de 1962, o Estado concedeulle á Hidroeléctrica Moncabril o aproveitamento integral da cunca do río Ulla mediante a construción de oito encoros (Belmil, Portodemouros, Ledesma, Lamas, Fornelos, San Paio, Pereiro e Padrón), ocupando terreos nos concellos de Antas de Ulla e Palas de Rei (provincia de Lugo), Arzúa, Boqueixón, Melide, Padrón, Santiso, Touro, Teo e Vedra (provincia da Coruña), e Agolada, A Estrada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces (provincia de Pontevedra), se ben finalmente só se construíu o de Portodemouros. Máis recentemente[cando?] fixéronse dous máis entre Touro, Arzúa e Vila de Cruces. Trescentos metros augas abaixo da actual presa atopábase a presa de Salgado, encoro de reducidas dimensións que abastecía de luz eléctrica á bisbarra. Esta obra foi destruída para facer efectivo o desaugadoiro do actual encoro, pois coincide case co final da cunca de amortecemento. En outubro de 1971 outra orde ministerial transferiulle a concesión á sociedade Unión Eléctrica, e o 7 de xullo de 1979 a dirección xeral de obras hidráulicas transferiuna a favor de (Fenosa), pasando a Unión Fenosa e a Naturgy tras as sucesivas fusión. O encoro asolagou os servidumes entre as terras dunha e doutra banda. Nos últimos anos do franquismo os veciños reclamaron a súa reposición. En maio de 1975 unha orde ministerial mandou poñer en funcionamento unha barcaza que unise as parroquias de Loño e Beigondo que segue en servizo na actualidade. A Unión Europea a través do plan Leader utilizou o encoro coma eixe vertebrador do desenvolvemento turístico da bisbarra que creou un club náutico.[Cómpre referencia] == A presa e o parque de transformación == A presa, de gravidade e planta recta, construíuse entre 1964 e 1967, e inaugurouse o 1 de marzo de 1968. É de pedraplén, co interior de arxila. Mide 90 metros sobre o leito do río, cun volume de 2 350 000 m³ e unha lonxitude de coroación de 430 metros, máis unha ponte sobre o aliviadoiro de 30 metros. Conta cun aliviadoiro de superficie na beira esquerda de 130 metros, capaz de desaugar 1,500 m³/s., dotado dunha comporta de tipo vagón de 4 metros de luz por 8 metros de altura, que pode desembalsar 395 m³/s. para rebaixar a cota do encoro en previsión de fortes crecidas. A obra complétase cun desaugadoiro de fondo en forma de túnel na marxe dereita, e unha bocatoma a media altura que alimenta dous grupos turboalternadores situados na central subterránea da marxe esquerda, cunha potencia de 95 MW. O parque de intemperie que nun primeiro momento estaba concibido só para evacuar a corrente producida, foi máis tarde transformado nun nó de distribución con ligazóns con Santiago (66 kV en transformación a 220 kV), Melide (66 kV), Lalín (66 kV), Tivo e O Mesón do Vento (220 kV), ademais de estar conectado ao parque eólico do Carrío (220 kV). Na actualidade[cando?] estase a construír a conexión co parque eólico de San Sebastián e coas centrais hidroeléctricas en obra río abaixo (66 kV). O conxunto hidroeléctrico púxose en funcionamento no 1968. En decembro de 2003, para aproveitar o caudal ecolóxico do Ulla, foi instalado un novo equipo turboalternador de 11.23 MW, cun diámetro de rodete de 1280 mm. == Problemas da construción == O proxecto inicial contemplaba unha saída de aliviadoiro en forma de túnel coa estrada de Lalín a Ponte San Xusto por riba do labio, pero debido ás fortísimas escavacións que esixía, optouse por facelo en canle libre.…

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近