湖泊
Encoro de San Martiño
Vilanuíde · Quiroga · Lugo
照片: Emi Yañez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Vilanuíde (Quiroga, Lugo)的湖泊, 海拔约 286 米, 距Camiño de Inverno 627 m.
O encoro de San Martiño é unha presa artificial creado no río Sil, situado entre os concellos valdeorreses da Rúa e de Petín, e unha pequena parte en Quiroga, na banda oriental da provincia de Ourense. Debe o seu nome á aldea de San Martiño de Albaredos (Montefurado, Quiroga).
Construción
Construíuno en 1956 a empresa Dragados y Construcciones S.A. O seu propietario actual é a compañía Iberdrola. A altura da presa é de 25 m de altura, ocupando unha lonxitude de 125 m. Retén unha capacidade media de 10 hm³. No lugar a altura é de 290 msnm. A cola do encoro ten unha lonxitude de 1,7 km e un ancho máximo de 600 m.
Características bioxeográficas
O encoro creou unha zona húmida interesante desde o punto de vista ecolóxico. Na beira dereita, correspondente ao concello da Rúa, a compañía eléctrica creou un bosque de chopos, para o que plantou varios miles de exemplares, a fin de protexer esa marxe das inundacións. Constitúe na actualidade unha área de recreo para a poboación da localidade. Dadas as características climáticas do val, enclavado en zona de clima oceánico de influencia mediterránea, con temperaturas que oscilan entre os -5 °C en inverno e superan os 40 °C no verán, cunha pluviosidade media anual de 654 mm, o encoro, ás veces denominado tamén lagoa de San Martiño, atrae gran número de aves singulares, especialmente anátidos, capaces de aniñar aquí. Nos anos 1980 esta zona xunto con outras zonas húmidas da mesma comarca, foi cualificada como unha das máis interesantes de España, polo gran número de anátidos censados, con máis de 1.800 exemplares, cando só había vinte puntos españois que superasen os 1.500 exemplares. Ademais, entre outras, censábanse cegoñas, martiños peixeiros etc. Debe indicarse tamén a existencia dun bo número de réptiles e batracios, polo que hai anos se solicitara unha protección especial para o sitio.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Encoro
命名来源 San Martiño de Albaredos
该点海拔 ≈ 286 m · Terrain Tiles
最近城镇 A Rúa de Valdeorras,4.9 km
圣雅各之路 Camiño de Inverno,627 m
全市人口 3,035 (2025) · IGE
乘巴士前往
- SAN MARTIÑO DE ALVAREDOS904 米外Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-Ourense E.I. · Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-Ourense E.I. · Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-San Francisco E.F.-Ourense E.I. · Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-San Francisco E.F.-Ourense E.I.
- Vilanuíde (cruzamento N-120)907 米外Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-San Francisco E.F.-Ourense E.I.
- Vilanuíde (cruzamento N-120)911 米外Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-San Francisco E.F.-Ourense E.I.
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。
