城堡

Fortaleza da Mota de Ois

Santiago de Ois · Coirós · A Coruña

Fortaleza da Mota de Ois 还没有照片

如果你有一张,上传到 Wikimedia Commons ↗并附上坐标,它就会自动出现在这张地图上,以及任何使用开放数据的地图上。 或者发送给我们。

{{Location|43.24948|-8.12449}}

Santiago de Ois, Coirós的军事建筑, 海拔约 234 米, 距Betanzos 7.7 km.

A fortaleza da Mota de Ois é unha construción militar en ruínas da que se conservan restos dos muros, situada en Santiago de Ois (Coirós).

Descrición

Sitúase sobre un outeiro a uns 230 metros de altitude e sobre un primitivo castro. Data do século XII. Tiña unha planta duns 30 por 35 metros. Construído en cantaría de granito de aparello irregular. Cara ao noroeste é onde se conserva a maior altura. Tamén se ven restos dos alicerces doutras construcións que cinguen a torre. O castelo pertenceu a Pedro Fernández de Andrade, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Foi derrubado durante as guerras irmandiñas polo arcebispo Alonso III de Fonseca. Parece que foi reconstruído de novo, pero foi doutra volta derrubado polo gobernador de Galicia Fernando de Acuña, por mandato dos Reis Católicos. Na zona había outros dous castelos que semellaban dominar e protexer en puntos estratéxicos situados no leito do río Mandeo e, polo tanto, o acceso á cidade de Betanzos por esa vía. Estes eran os da Espenuca e o outro estaría en Aranga. Segundo a lenda foi unha fortificación de mouros, había un túnel secreto que partía dos sotos do castelo e ía ata o río por onde se levaban os cabalos a beber, ademais de actuar como camiño de fuxido para os moradores en caso de seren atacados. Tamén se di que na Mota había un gran tesouro agochado e algunhas persoas andaron na súa procura. No lugar do Casal utilizáronse as súas pedras para construír as casas. Hai unha lenda relativa á etimoloxía popular do río Mandeo: a xente dos concellos de Aranga e Coirós relata que “estando os mouros acampados na ribeira deste río, dous dos seus caudillos comezaron a discutir sobre quen comandaría as tropas. O máis valente e decidido dos dous, ao ver que non se poñían de acordo, deu un grito exclamando: –aquí mando eu!”.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

年代 Middle-ages

类型 要塞

该点海拔 ≈ 234 m · Terrain Tiles

最近城镇 Betanzos,7.7 km

全市人口 1,941 (2025) · IGE

资料来源 Galicia Nomeada

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近