城堡
Fortaleza de Sarria
Sarria · Lugo
照片: MPereiro · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Sarria, Lugo的城堡, 海拔约 478 米, 距Camino Francés 62 m.
O castelo de Sarria, tamén coñecido como Torre dos Batallóns, ou simplemente Torre de Sarria, é unha fortaleza situada nun outeiro da vila de Sarria, nunha posición que lle dá unha visión dominante sobre todo o val do río Miño.
Historia
Descoñécese a orixe da construción, tanto a data como quen foi o seu fundador. A mediados do século XII Gutierre Ruiz de Castro adquiriu o señorío de Sarria por medio do seu matrimonio con Elvira Osorio, filla de Suer Yañez de Moura, e posibelmente foi nesas datas cando se construíu a fortificación no lugar ocupado anteriormente por un antigo castro. A fortificación foi arrasada polos sublevados irmandiños no transcurso da Gran Guerra Irmandiña, por volta de 1467. E construída tras ser sufocada a revolta. Até o século XVII serviu como prisión, e estivo habitada até 1730 polo corrixidor, Xustiza Maior ou Meiriño Maior das cinco pobras do Marquesado de Sarria: A Pobra de Sarria, Santo Estevo da Pobra de Neira de Susao, San Xillao da Pobra e A Pobra de Triacastela. Após o seu paulatino abandono, en 1860, unha metade foi adquirida polo avogado e político Manuel Pérez Batallón, veciño de Sarria, que procedeu ao reenchido dos profundos foxos defensivos, o seu desescombro, a súa anexión á súa horta e casa, o levantamento dun muro de peche de toda a propiedades, e a reparación da torre coa colocación da escaleira que aínda existe. A parte conservada da fortaleza seguiu pertencendo aos herdeiros de Pérez Batallón ata 2024, cando lle venderon a propiedade a un empresario local. Pola súa banda, o Concello de Sarria adquiriu a outra metade da fortaleza, procedendo á total explanación do seu terreo e á eliminación de todo resto das defensas e fosos, para a ampliación do campo da feira.
Características
Os restos da fortificación que chegaron até a actualidade limítanse a unha torre de defensa, de planta irregular e fronte semicircular, e que formaba parte do castelo, servindo de reforzo dun ángulo onde se xuntaban dous dos seus lados. A torre conserva as ameas e unha altura duns catorce metros, tendo un eixo de 6-7 metros.
Outros artigos
Castelos de Galicia
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
年代 中世纪
类型 Castelo
所属 Camiño de Santiago francés na provincia de Lugo
别名 Torre de Sarria
保护级别 Elemento da Lista Vermella do Patrimonio · Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural
该点海拔 ≈ 478 m · Terrain Tiles
最近城镇 Sarria,373 m
圣雅各之路 Camino Francés,62 m
全市人口 13,776 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Albergue San Lázaro472 米外Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I.
- Sarria E.A.661 米外Monforte E.A.-Lugo E.A. · Monforte E.A.-Lugo E.A. · Hospital HULA-Hospital Monforte de Lemos · Monforte E.A.-Hospital HULA · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I.
- Sarria (centro saúde)747 米外SARRIA E.A.-PEDRAFITA DO CEBREIRO · Sarria E.A.-Pedrafita do Cebreiro · IES Xograr Afonso Gómez de Sarria-Mundín · IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA-Mundín · IES Xograr Afonso Gómez de Sarria-Pobra de San Xulián (marquesiña) · IES Xograr Afonso Gómez de Sarria-Armada (cruzamento)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。
