保护区
Fraga de Catasós
Catasós · Lalín · Pontevedra · 2000
照片: Jglamela · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Catasós (Lalín, Pontevedra)的保护区, 海拔约 590 米, 距Camiño Xabrés 2.5 km.
A fraga de Catasós, a carballeira ou souto de Quiroga, é unha fraga (ou souto mixto) declarada árbore senlleira e monumento natural no ano 2000 e que se sitúa no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de "carballeira" xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos. Como tamén salienta polos seus senlleiros castiñeiros tamén se lle emprega "souto". Algunhas destas árbores teñen varios centos de anos, até 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura (os máis altos de Europa).
Descrición
É un reduto de fraga (bosque caducifolio mixto atlántico) que ocupa unha superficie total 4.5185 hectáreas. Aséntase sobre micacitas metamórficas prehercinianas básicas, que dan lugar a solos pardos acedos, de alta produtividade forestal. A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués. Encóntrase nunha zona de transición entre o dominio climático oceánico de montaña e oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual de 1.290 mm, unha temperatura media de 12,7 °C e unha media de 293 días libres de xeadas. Sitúase a unha altitude aproximada de 550 m sobre o nivel do mar.
Especies de importancia
Destacan no espazo a presenza de: o carballo común, Quercus robur. o castiñeiro, Castanea sativa, algún senlleiros e dos maiores do continente. Foron aproveitados coma soutos para produción de castañas e madeira (fabricación de moblaxe, trabes e leña). a Narcissus cyclamineus, un amarelle, herbácea endémica de Galicia e norte de Portugal, recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia. e a vacaloura (Lucanus cervus), recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia.
Situación
A fraga atópase a uns 4 km da vila de Lalín, preto da estrada N-525 entre Santiago de Compostela e Ourense. Posúe unha curta e sinxela ruta para practicar sendeirismo, un paseo fluvial a través da fraga moi ben sinalizada.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Bosque · Espazo natural protexido
面积 5 m²
该点海拔 ≈ 590 m · Terrain Tiles
最近城镇 Lalín,3.1 km
圣雅各之路 Camiño Xabrés,2.5 km
全市人口 20,255 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Gate (Quintela)249 米外IES Ramón Mª Aller Ulloa-Castro Dozón (enlace) · IES Ramón Mª Aller Ulloa-Castro Dozón (enlace) · CEIP Xesús Golmar-Catasós · CEIP Xesús Golmar-Gate (Quintela)
- Gate (Covas)671 米外CEIP Xesús Golmar-Catasós · CEIP Xesús Golmar-Gate (Quintela)
- Catasós (N-525)672 米外Santiago-Lalín-Ourense · Hospital de Conxo-CHUS- Santiago E.I.-Lalín-Ourense E.I. · A Coruña-AP9-H.Conxo-CHUS-Santiago-Lalín-Ourense-Verín
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

