教堂

Igrexa de San Froilán de Lugo

Lugo

Igrexa de San Froilán de Lugo

A igrexa de San Froilán é unha templo católico situado no casco histórico da cidade de Lugo. Está dedicada ao patrón da cidade, Froilán. == Historia == Orixinalmente formaba parte do antigo Hospital de San Bartolomeu ou de San Xoán de Deus, fundado en 1621 polo bispo de Lugo Alonso López Gallo. Prestaba asistencia a doentes e a peregrinos do Camiño Primitivo. A igrexa actual construíuse a mediados do século XVIII co apoio do bispo Francisco Izquierdo Tavira, e desde entón sufriu poucos cambios. En 1857 o hospital sufriu un incendio que afectou a parte das instalacións, o que provocou que o Concello ordenase o derribo en 1877. A igrexa pasou a converterse en parroquia de San Froilán, se ben a escultura que preside a fachada do templo segue a representar a san Bartolomeu. O templo sitúase acaroado ao colexio da Milagrosa, antes Escola de Nenas Pobres, a cargo desde 1900 das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl. == Notas ==

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近