教堂
Igrexa de Santa María de Beariz
Beariz · Ourense
照片: Bene Riobó · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Beariz, Ourense的教堂, 海拔约 614 米, 距Caminho da Geira e dos Arrieiros 35 m.
A igrexa de Santa María de Beariz é o templo parroquial de Beariz, no concello do mesmo nome, baixo a advocación da Virxe María. Construíuse entre 1612 e 1620, financiada por Domingo de Castro, pero tivo diversas reformas e arranxos.
Arquitectura
Ten nave con bóveda de canón con claraboia no centro e tres arcos de medio punto. A sancristía foi construída por Carlos da Riva en 1704. A torre-campanario de planta cadrada con balaustrada, construíuna José Cerviño González (O Pepe da Pena) no último cuarto do século XIX. Ten dous corpos superpostos en diminución ascendente,cunha bóveda apuntada e un pequeno pináculo. Na fachada hai unha figura da Virxe María, patroa do templo. A ábsida é cuadrangular con catro nervios, un desde cada esquina, con cadanseu evanxelista, e dende estas figuras saen outros nervios que conflúen no centro onde está a imaxe de Xesús de Nazaret cos apóstolos. No seu interior destaca un retablo barroco, obra de Francisco de Vega en 1732, coa pintura orixinal e o dourado feito por Ignacio González en 1754. Tamén destaca unha cruz procesional de prata realizada polo ourive compostelán Xurxo Cerdeira no ano 1700. Consérvase o retablo barroco orixinal, de madeira de castiñeiro, deseñado por Francisco de Vega.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 教堂
供奉 Santa María
该点海拔 ≈ 614 m · Terrain Tiles
最近城镇 O Carballiño,16.2 km
圣雅各之路 Caminho da Geira e dos Arrieiros,35 m
全市人口 893 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Beariz (igrexa)57 米外A Abeleira-IES Chamoso Lamas · A Abeleira-IES Chamoso Lamas
- Beariz261 米外Liñares-IES Chamoso Lamas · LIÑARES-IES CHAMOSO LAMAS · A Abeleira-IES Chamoso Lamas · A Abeleira-IES Chamoso Lamas · Ricovanca-Beariz · Ricovanca-Beariz
- MURADÁS803 米外Liñares-IES Chamoso Lamas · LIÑARES-IES CHAMOSO LAMAS · Doade-A Portela de Lamas · Doade-A Portela de Lamas · A Abeleira-IES Chamoso Lamas · A Abeleira-IES Chamoso Lamas
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。