教堂
Igrexa de Santa María de Mixós
Estevesiños · Monterrei · Ourense
照片: Jose Antonio Gil Martínez. FREECAT from Vigo · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Estevesiños, Monterrei的宗教建筑, 海拔约 410 米, 距Camiño Xabrés por Verín 1.4 km.
A igrexa de Santa María de Mixós é un templo relixioso prerrománico, situado no lugar de Mixós, na parroquia de Estevesiños (Monterrei). O 3 de xuño de 1931 foi declarada Monumento Histórico-Artístico e é Ben de Interese Cultural.
Historia
A súa formación parece bastante temperá, pois todo indica que xurdiu á sombra dun primitivo cenobio fundado por San Martiño de Dumio no século VI. No templo actual, do século IX, empregáronse materiais anteriores. O convento de Mixós logo pasou a depender do mosteiro beneditino de Celanova. O lugar está atravesado polo camiño de Santiago, na rota da Vía da Prata que desde Verín toma por Laza. Este camiño está identificada coa vía romana que conectaba os itinerarios XVII e XVIII do itinerario de Antonino, no punto no que se cruza con outros que van cara a Vilela e Vilela de Abaixo.
Arquitectura
O templo é de planta rectangular, coa porta, de arco oxival, no muro sur. na súa orixe era de planta basilical con tres ábsidas e tres naves separadas por arcos de ferradura, conservándose o inicio do primeiro arco do lado sur da nave central. Suponse que o templo orixinal non estaba abovedado ao non se atoparen restos de contrafortes. O tellado é a dúas augas. A cabeceira é de cantería, con tres ábsidas co exterior rectangular, sobresaíndo o central. Cada ábsida ten cadansúa ventá, estreita e alongada, acabadas en arco de ferradura. As ábsidas teñen planta en forma de semicírculo prolongado, cubertas por bóvedas de ladrillo. Os altares das ábsidas norte e central están soportados por aras romanas, cunha inscrición adicada a unha deusa precristiá na da ábsida central. A ábsida central ten unha imaxe de Xesús Cristo crucificado, con restos da policromía orixinal na bóveda.
Etnografía
Vítor Vaqueiro conta, recollendo información de Taboada Chivite e Xaquín Lorenzo, que en 1960 se descubriron varias bolsiñas cheas de terra tralo altar. Procedían dun vello ritual curativo que consistía no seguinte: as persoas enfermas de febres subían ó monte onde está a igrexa e collían un pouco de terra, esta terra poñíase nunha bolsiña que levaban ó pescozo e, alcanzada a curación, agochaban a bolsa no altar da igrexa
Galería de imaxes
Outros artigos
Arquitectura prerrománica en Galicia
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 教堂
风格 Arte prerrománica
供奉 Santa María
所属 Camiño de Santiago
保护级别 Ben de Interese Cultural
该点海拔 ≈ 410 m · Terrain Tiles
最近城镇 Verín,2.7 km
圣雅各之路 Camiño Xabrés por Verín,1.4 km
全市人口 2,415 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Mixós 43126 米外Vences (centro)-Verín E.A. · Vences (centro)-Verín E.A.
- Mixós 11420 米外VENCES (BAR VELOSO)-CEIP PRINCESA DE ESPAÑA · Vences (bar Veloso)-CEIP Princesa de España
- VILELA (MARQUESIÑA)838 米外Queirugás (marquesiña)-Verín E.A. · Queirugás (marquesiña)-Verín E.A.
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。