教堂

Igrexa de Santiago de Breixa

Silleda · Pontevedra

Igrexa de Santiago de Breixa

Santiago de Breixa é a igrexa parroquial de Breixa, no concello de Silleda.

Descrición

É unha igrexa barroca, dunha soa nave e unha ábsida rectangular, onde se conservan restos románicos, cunha ventá de medio punto con dobre arquivolta.Conta ademais con canzorros no muro sur. A súa espada, con dous ocos para as campás e un terceiro sobre estes, está adornada con pináculos e rematada nunha cruz. No seu interior, destaca o seu presbiterio, así como a iconografía dos capiteis, que serven de mostra do bestiario medieval. Alúdese aos pecados capitais e paixóns do home e a súa loita contra eles. Tamén aparecen representados centauros, harpías, sereas, grifóns, testas de león e de lobo, aves rapaces, serpes e outros animais fantásticos ,configurando un conxunto temático excepcional no románico galego.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近