教堂

Igrexa de Santo Estevo do Vicedo

O Vicedo · Lugo

Igrexa de Santo Estevo do Vicedo 还没有照片

如果你有一张,上传到 Wikimedia Commons ↗并附上坐标,它就会自动出现在这张地图上,以及任何使用开放数据的地图上。 或者发送给我们。

{{Location|43.73806|-7.65722}}

Vicedo的宗教建筑, 海拔约 39 米, 距O Vicedo 1.5 km.

A igrexa de Santo Estevo do Vicedo é o templo parroquial do Vicedo, no concello homónimo do Vicedo. Antigamente era coñecida como a igrexa de Santo Estevo do Val.

Historia

Segundo a tradición, a igrexa ten a súa orixe a finais da Idade Media, en relación co mosteiro de San Miguel de Cunicularia, da illa Coelleira. O convento, existente xa no século XI foi máis tarde propiedade de cabaleiros da orde do Temple, que se refuxiaron alá no século XIV. A lenda conta que o señor do Val de Viveiro mandou perseguilos, e un deles logrou escapar cun cadro de Santo Estevo até a praia de Xilloi vestido de paisano. Despois achegaríase até a Casa do Paisano, no barrio de Baltar, e colocou o cadro nun carro de bois, decidindo fundar un templo a Santo Estevo alá onde estes parasen[Cómpre referencia]. A igrexa era padroado laical, e pertenceu ao Condado de Fuensaldaña, descendentes de Alonso Pérez de Viveiro, que naceu nesta freguesía, no lugar do Casal.

Arquitectura

A construción sufriu importantes reformas no século XVII coa ampliación das dúas naves laterais. Consta de tres naves separadas por pilastras cadradas, unidas lonxitudinalmente por arcos de medio punto e con cuberta común de madeira a dúas vertentes. Amais do arco triunfal, pechan a capela maior polas súas tres frontes sendos arcos de descarga empotrados en muros. Aos lados do presbiterio hai dúas sancristías, e diante do frontis un pórtico con entradas de arco por ambos costados. Sobre a porta principal hai unha espadana simple de dous vans, con escaleiras incrustadas no mesmo muro e campanil pequeno preto da porta lateral da nave. Os muros son caleados, con granito nos esquinais, pavimento de cantería, teito de madeira e cuberta de lousa. O retablo maior é neoclásico, de finais do século XVIII, e colle todo o hastial do presbiterio. Na dereita aparece unha pintura que representa o xuízo a Santo Estevo, no centro un altorrelevo que representa o seu martirio, e na esquerda a pintura do enterro. Ambas as dúas pinturas inclúen o texto "Pinto Juan de Castinande ano 1835". Coroa o retablo o Espírito Santo en forma de pomba. Hai dous retablos laterais, neoclásicos, con esculturas de San Roque e San Nicolás. A capela da Virxe do Carme tamén é moi importante neste templo, e contén numerosos exvotos. O estandarte negro data de finais do século XVIII, e era empregado nos enterros de mariñeiros.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 教堂

供奉 Estevo mártir

该点海拔 ≈ 39 m · Terrain Tiles

最近城镇 O Vicedo,1.5 km

全市人口 1,556 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近