島嶼
Illa da Rúa
A Illa de Arousa · Pontevedra
照片: Vanbasten 23 · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Arousa的里亚斯湾中的岛, 距Santa Uxía de Ribeira 4.4 km.
A Illa da Rúa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada case no centro da Ría de Arousa, a 4 quilómetros ao sueste do porto de Ribeira, concello ó que pertence. É unha das illas máis illadas da ría de Arousa, e unha das máis destacadas a pesar das súas escasas 4 hectáreas de superficie. É enteiramente rochosa, formada por grandes birlos de granito e de abordaxe difícil. Posúe un faro importante para o balizamento da ría, que é xemelgo do da Illa de Ons, construído polo mesmo arquitecto, Rafael de la Cerda, en 1864. A pesar do inhóspito da illa, estivo habitada por fareiros ata a automatización do faro. A illa é lugar onde aniñan gaivotas. Ten un pozo, o que a converte nunha das poucas illas con subministración de auga. Vexo Rúa, vexo Rúa/ e de paso vexo España./ As mociñas de Palmeira/ xa teñen palabra dada
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Illa
面积 4 m²
该点海拔 ≈ 0 m · Terrain Tiles
最近城镇 Santa Uxía de Ribeira,4.4 km