島嶼
Illa de Onza
Bueu · Pontevedra
照片: Certo Xornal · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Bueu, Pontevedra的島嶼, 海拔约 58 米, 距Sanxenxo 12.1 km.
A Illa de Onza, ou Onceta, é unha illa galega do arquipélago das Illas Ons, que está a 600 metros ao sur da Illa de Ons. Esta illa pontevedresa pertence a Bueu e forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galiza. É unha illa de 32 hectáreas con forma rectangular, e cun perfil relativamente alto (o seu cumio acada os 84 metros de altura). As súas costas son escarpadas, se ben ten dúas pequenas praias ao norte (praia das Moscas) e ao sur (Porto do Sol), case inaccesibles por estaren baixo fortes cantís e arrodeadas de escollos. Está cuberta de vexetación arbustiva e, sobre todo na súa parte occidental, é un importante lugar de aniñamento de aves mariñas. Pese ao seu tamaño carece de árbores e non ten ningunha construción agás un barracón construído polos militares.
Galería de imaxes
Outros artigos
Illas Ons Illa de Ons Parque nacional das Illas Atlánticas
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Illa
面积 0 m²
该点海拔 ≈ 58 m · Terrain Tiles
最近城镇 Sanxenxo,12.1 km
全市人口 11,829 (2025) · IGE