島嶼
Illas de San Pedro
Visma · A Coruña
照片: Gabriel González from Pontevedra, España · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Visma, A Coruña的群岛, 海拔约 7 米, 距A Coruña 4.4 km.
As Illas de San Pedro son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situadas no municipio da Coruña, na parroquia de San Pedro de Visma, ao pé do Monte de San Pedro. Son 5 illotes case chairos moi próximos uns aos outros, separados por unha canle inferior ao quilómetro e a 250 metros da costa. O conxunto das illas suma unha extensión de 15 hectáreas (a maior dela de 4 ha de superficie). Tradicional zona de marisqueo. A súa vexetación é de carácter herbáceo onde se distinguen 14 especies diferentes. Os illotes tamén teñen nomes de seu: Illa Vendaval ou Cetárea, Illa do Pé, Aguión, As Tres Illas e Os Fernandiños. En 2009 o arquipélago foi declarado espazo natural de interese local de xeito provisorio durante dous anos, mais non se prorrogou. En 2016 o concello aprobou por unanimidade o procedemento para a súa declaración definitiva e a declaración provisional foi aprobada pola Xunta o 16 de novembro de 2017. O 7 de abril de 2020 aprobouse a declaración definitiva.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Illa
面积 15 m²
保护级别 Espazos naturais de interese local
该点海拔 ≈ 7 m · Terrain Tiles
最近城镇 A Coruña,4.4 km
全市人口 251,277 (2025) · IGE