島嶼
Illas Sagres
Aguiño · Ribeira · A Coruña
照片: Vanbasten 23 · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Ribeira的群岛, 海拔约 4 米, 距Camiño A Orixe 2 km.
As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia. O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior ten 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela. O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes superficiais e outros que velan e desvelan coa marea.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Arquipélago
面积 14 m²
该点海拔 ≈ 4 m · Terrain Tiles
最近城镇 Aguiño,3.3 km
圣雅各之路 Camiño A Orixe,2 km
全市人口 27,110 (2025) · IGE