湖泊

Lagoa de Antela

Couso de Limia · Sandiás · Ourense

Lagoa de Antela, 湖泊 en Sandiás

照片: gl:User:XAVIER · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Couso de Limia (Sandiás, Ourense)的湖泊, 海拔约 610 米, 距Camiño Xabrés por Verín 1 km.

A lagoa de Antela era unha lagoa, desecada nos anos 1950, que estaba situada na comarca da Limia, no sur da provincia de Ourense. Abranguía terreos situados nos concellos de Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

Características

A lagoa de Antela era unha das zonas húmidas de maior extensión da Península Ibérica, situábase a 615 metros de altitude, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade. Tiña de profundidade media de 0,60 metros e nalgúns “pozos” chegaba ata os 3 metros. A depresión da Limia tivo a súa orixe durante o Terciario como consecuencia de amplos xogos de bloques. Uns ascenderon, dando lugar a diversas serras, como as de Queixa ou San Mamede, outras afundíronse e deron lugar a un conxunto de depresións tectónicas, como as de Maceda, A Limia ou Monterrei, que bordean polo oeste, suroeste e sur, respectivamente, as citadas serras. Ao longo do Terciario, produto dunhas condicións climáticas tropicais, formáronse numerosas áreas lacustres, entre elas a que formaba a lagoa de Antela, nas que, durante o Cuaternario, se foran amoreando sedimentos. A práctica totalidade das lagoas colmatáronse, a excepción da lagoa de Antela, que se conservou até a actualidade. Sobre ela contábanse infinidade de lendas, entre as máis fermosas está a da cidade de Antioquía, asolagada como castigo por idolatrar o galo; e a dos mosquitos, que eran o rei Artur e os seus soldados, enmeigados naquela veiga. Os primeiros sinais de poboación destas terras son dos poboados lacustres (palafitas) da lagoa de Antela, que foron estudados polo investigador Conde-Valvís na década de 1950. Este autor fala dos achados de tres poboados palafíticos de 58, 56 e 36 habitacións respectivamente, coñecidas popularmente como "cortellos", que demostran a gran concentración de habitantes nesta zona. Estes poboados estarían situados no espazo que abrangue dende Sandiás ata Cortegada (dous deles fronte a Zadagós e Cardeita). Innumerábeis foron os intentos de desaugamento e aproveitamento das súas terras para o labradío até o seu definitivo desecamento a partir do comezo das obras no ano 1958. Os romanos tentárono coa construción dun emisario principal e unha tupida rede de pequenas canalizacións, o seu emisario principal que ía dende Vilar de Barrio até Ponte Liñares, medía 26 quilómetros de longo e 17 metros de ancho aproximadamente. A moderna canle seguiu o mesmo trazado. Da súa riqueza biolóxica que destacaban as miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano. No que foi no seu día o sur da lagoa instaláronse, a partir de 1972, varias empresas dedicadas á extracción de area, que é moi apreciada para a construción. Neste momento téntase recuperar aquela riqueza biolóxica mediante a recuperación das charcas das areeiras abandonadas. Co gallo dos cincuenta anos do comezo das obras de desaugamento da lagoa de Antela (1958-2008), o Concello de Sandiás puxo en funcionamento a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela, a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, o seu desecamento, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras.

Usos

Nos séculos XVIII e XIX as samesugas da Lagoa de Antela eran unha fonte de ingresos para a Limia.

Proceso de desecamento

Hai varios precedentes na historia de intentos de desecamento da Lagoa. No primeiro terzo do século segundo, o emperador romano Hadriano mandou construír unha canle para canaliza-las augas da lagoa, pero co tempo, a natureza devolveu a auga ó seu contorno orixinal. A idea foi retomada en 1765 pola Academia de Agricultura de Galicia. Os restantes intentos ó longo dos séculos XIX e XX, fracasaron igualmente.…

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Lago

该点海拔 ≈ 610 m · Terrain Tiles

最近城镇 Xinzo de Limia,4.1 km

圣雅各之路 Camiño Xabrés por Verín,1 km

全市人口 1,087 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近