石棚

Mámoa de Pedralonga

Marín · Pontevedra

Mámoa de Pedralonga

A mámoa de Pedralonga é un dolmen situado en San Tomé de Piñeiro (Marín). Forma parte do conxunto de Chan de Castiñeiras, e foi escavado en 1957 por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. == Descrición == Sitúase preto da lagoa de Castiñeiras. Da mámoa orixinal, duns 15 m de diámetro, consérvase parte da cámara funeraria, danada pola construción dunha estrada. O dolmen está formado por dez ortóstatos de máis dun metro de alto, que delimitan un espazo poligonal de 2,5 m de diámetro, cun corredor orientado ao leste. Consérvase só a metade da tumba, e algúns dos ortóstatos están rotos e volcados. Algunhas das laxes conservan gravados rupestres con liñas onduladas e figuras antropomórficas moi esquemáticas. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Lista de megálitos de Galicia

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

附近