考古遗址
Miliario de Santiaguiño de Antas
Guizán · Mos · Pontevedra

照片: Bota de Chaplin · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Guizán (Mos, Pontevedra)的考古遗址, 海拔约 228 米, 距Caminho Português de Santiago 46 m.
O miliario de Santiaguiño de Antas é un indicador de distancias romano situado na antiga Vía XIX do Itinerario de Antonino, xunto ao lugar de Santiaguiño, do concello de Mos. O miliario é unha columna de granito cilíndrico localizado no lugar onde o Itinerario de Antonino sitúa a mansión "Búrbida". A inscrición en referencia ó emperador da época é ilexibles. En épocas posteriores á romanización, coa intención de cristianizalo por ser considerado un elemento pagá, foi “crucificado”, é dicir, cuberto de cruces ó longo do fuste . Segundo fontes orais, este miliario foi obxecto de prácticas relacionadas co culto á fertilidade, mediante fregas do ventre contra este. A cronoloxía que se lle atribúe a este miliario coincidiría coa época do emperador Traxano, no século II. Tamén é coñecido cos nomes de O Marco ou Anta da Maniola por servir de deslinde entre as parroquias de Louredo e Guizán, do concello de Mos, e de Vilar de Infesta, do concello de Redondela. Antes da sondaxe arqueolóxica dirixida por Rafael Rodríguez en 2007, sobresaían do chan 1,70 m de altura. Descubriuse que ten unha altura de 3 m. Os traballos de iluminación nocturna posibilitaron detectar varios elementos epigráficos orixinais: letras soltas “D”, “O”, “V”, “X” e “SS”, e unha palabra “FILI?”. Tamén aparecen mútiples cruciformes de épocas posteriores a romana. Este miliario é un dos elementos arqueolóxicos do Camiño Portugués.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
该点海拔 ≈ 228 m · Terrain Tiles
最近城镇 Redondela,6 km
圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,46 m
全市人口 15,221 (2025) · IGE
乘巴士前往
- SANTIAGUIÑO (MOS)130 米外Puxeiros-O Pombal · Puxeiros-O Pombal
- Galleiro395 米外A Pena-Redondela (fonte de Santiago)
- Galleiro399 米外A Pena-Redondela (Fonte De Santiago)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。
