山
Monte Acibal
Rebón · Moraña · Pontevedra
Monte Acibal 还没有照片
如果你有一张,上传到 Wikimedia Commons ↗并附上坐标,它就会自动出现在这张地图上,以及任何使用开放数据的地图上。 或者发送给我们。
{{Location|42.52083|-8.60139}}
España的山, 海拔约 573 米, 距Santo Antoniño 3 km.
O monte Acibal é unha montaña galega, sita na área metropolitana de Pontevedra. Esténdese polos concellos de Barro, O Campo Lameiro e Moraña. Acada unha altura de 573 metros sobre o nivel do mar. Dende o seu cumio pódense observar as rías de Pontevedra e Arousa en día despexados. O terreo que circunda o Monte Acibal é abrupto e montuoso, porén, cara ao noroeste é chan. Este monte forma parte dos contrafortes da dorsal galega cara á costa, atopándose entre o val do río Lérez ao leste e a depresión meridiana ao oeste. O monte separa as concas dos ríos Lérez e Umia. Na súa aba suroeste atópase o encoro do Pontillón do Castro. A densidade de poboación nos arredores do monte é de 239 persoas por quilómetro cadrado, é dicir, atópase nunha zona densamente poboada. A gran cidade máis próxima ao monte é Pontevedra, a 10,6 km ao suroeste. A área ao redor do monte Acibal está case cuberta de bosque mixto. O clima é tépedo. A temperatura media é de 13 °C. O mes máis caloroso é xullo, con 21 °C, e xaneiro o máis frío, con 6 °C. A precipitación media é de 1,807 milímetros ao ano. O mes máis chuvioso é xaneiro, con 261 milímetros de choiva, e o máis seco é xullo, con 32 milímetros. Na década de 2020 proxectouse a construción dun parque eólico neste monte, porén as obras foron paralizadas por orde do TSXG por afectar negativamente ao patrimonio natural.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Montaña
该点海拔 ≈ 573 m · Terrain Tiles
最近城镇 Santo Antoniño,3 km
全市人口 4,139 (2025) · IGE
