山

Monte da Cova da Serpe

Anafreita · Friol · Lugo · 841 m

Monte da Cova da Serpe, 山 en Friol

照片: One2 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Anafreita (Friol, Lugo)的山, 海拔约 841 米, 距Camiño do Norte 2 km.

A Cova da Serpe é a maior elevación da serra do mesmo nome con 841 m sobre o nivel do mar, e sitúase xusto no punto onde conflúen os lindes dos concellos de Guitiriz, Friol e Sobrado. O monte é citado xa no século X como Cova de Serpente e era un dos fitos que sinalaban a doazón inicial ao mosteiro de Sobrado. O nome procede dunha caverna localizada nas proximidades da cima, dunha lonxitude duns 12 metros, e un altor na boca de sobre 2 metros; a anchura máxima é de 5 metros. Domingo Fontán, durante a elaboración da súa Carta xeométrica de Galiza, estivo até tres veces na Cova da Serpe: en 1822, 1828 e 1830. A última vez, grazas ao acompañamento de bo tempo, puido ver polos seus aparellos a Torre de Hércules, situada a uns 70 quilómetros.

Lendas

Estanislao Fernández de la Cigoña recolleu dúas lendas diferentes sobre a cova. Nunha fálase dunha enorme serpe, capaz de tragar gando, dun bocado en Miraz (Friol), a uns 8 quilómetros de distancia, sen que o rabo do réptil saíra do gruta. Os veciños acaban por matar o monstro dándolle de cebo un burro de alcatrán, e prendéndolle lume. Na segunda lenda a filla do señor de Miraz escapa cun mozo aldeán, do que está namorada, acabando os amantes por refuxiarse na cova, onde o mozo será quen de matar á serpe. Porén, nas lendas recollidas por Carré, o señor de Miraz é substituído polo señor da torre de Narla.

Galería de imaxes

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Montaña

所属 Serra da Cova da Serpe

海拔 841 m

最近城镇 Guitiriz,10.3 km

圣雅各之路 Camiño do Norte,2 km

全市人口 3,619 (2025) · IGE

资料来源 MTN25 (2019)

在地图上查看在维基百科阅读路线

附近