山
洛韦拉
Vilanova de Arousa · Pontevedra

O Monte Lobeira é unha montaña situada en András (Vilanova de Arousa). Ten 289 metros de altura, e está situada preto do mar, cun miradoiro no cumio desde o cal se aprecia a ría de Arousa cara ao oeste. A panorámica permite ver A Illa de Arousa, unha gran superficie do interior da provincia de Pontevedra, cara ao leste; a cara sur da Serra do Barbanza, na comarca de Barbanza cara ao norte; e as montañas e cidades da comarca do Salnés até a Illa de Ons, cara ao sur. O miradoiro apouséntase no lugar onde se erguía o Castelo de Lobeira, que permaneceu en posesión de monarcas españois na época medieval. A orixe de Lobeira está marcada por diversos sucesos acontecidos ao longo da historia xa que os séculos XI e XII destacan polo protagonismo do Castelo de Lobeira, onde a raíña Urraca decidiu asentarse cando procuraba a seguridade necesaria para Galiza. Cando a raíña rematou a súa función de defensa nestas terras, deixou tamén de ser residencia de reis, e a partir dese momento o castelo foi abandonado. En 1175, coa entrega do castelo á mitra compostelá e posteriormente ás mans de Xoán García Manrique foise deteriorando ao estar rodeado dun monte sen veciñanza nin poboación no seu ámbito; ao que se suma a febre destrutiva no século XV durante as loitas irmandiñas. Inda se pode observar algúns dos perpiaños que conformaban unha das torres da muralla, e conserva os alxibes onde se almacenaban víveres para as batallas; os restos da outra torre quedaron ocultos polas obras da localización da cruz, cuxa orixe é do ano 1896, para perpetuar a morte de tantas vítimas cobradas polo mar, acumuladas a través dos tempos [Cómpre referencia]. Accédese ao pé do miradoiro por vías forestais, para continuar ascendendo a través de escaleiras. Desde o alto pódese apreciar a vista explicada antes e tamén a súa cruz, unha cruz que culmina o miradoiro. Un pouco máis abaixo atópase o Faro da Lúa, un miradoiro de aceiro inoxidábel deseñado polo arousán Manolo Chazo, e que recibe ese nome por reflectir os raios do sol nas tres lúas situadas na súa parte máis alta. Esta montaña sufriu, ao igual que outros montes galegos, a vaga de incendios forestais de 2006. Aí vén o maio/ polo pico de Lobeira,/ vén a patadas/ ca filla da Oleira . == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Vila Fariña, Xosé Lois. Guía histórica del Monte Lobeira, 1997. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-89690-18-9.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗