Monte Trega

A Guarda · Pontevedra · 341 m

Monte Trega

O monte de Santa Trega, de 341 metros de altitude, está situado no extremo máis suroccidental de Galicia, no concello da Guarda, nun lugar desde o que domina a desembocadura do río Miño. O monte ten unhas pendentes moi pronunciadas e o dominio visual do contorno fixo que fose un lugar estratéxico habitado desde moito antes do levantamento do castro de Santa Trega, como testemuñan os petróglifos alí atopados de máis de 2000 anos de antigüidade. Nel, áchase a ermida de Santa Trega e próximo á porta do templo unha lápida de pedra cunha morea de marcas de cantaría, colocada con ocasión do festival de 1979 en honor aos poveiros de Póvoa de Varzim, en Portugal. Ao parecer, trátase dunha reprodución en pedra da porta de madeira orixinal da ermida, que contiña esas marcas/siglas; é salientábel a súa similitude coas existentes en igrexas, mosteiros etc. na Europa medieval.[Cómpre referencia]

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看官方网站路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近