僧院

Mosteiro de San Clodio de Leiro

Leiro · Ourense · 1225

Mosteiro de San Clodio de Leiro

San Clodio é un mosteiro medieval situado na parroquia de San Clodio, no concello de Leiro (Comarca do Ribeiro). En 1931 foi declarado Monumento Histórico Nacional. == Historia == As súas orixes posiblemente se remonten ao século VI, cara ao ano 554 (segundo recolle o padre Yepes na súa Crónica da orde de san Bieito), relacionándose cos feitos ocorridos durante a persecución ariana en tempos de Requila, concretamente o martirio e morte do abade Clodio de León e varios monxes. O resto da comunidade fuxiu e buscou refuxio no val do río Avia, onde fundaron un novo mosteiro. Aínda todo isto, á vista das fontes, resulta difícil manter a existencia dunha fundación anterior ao século X. A tradición data a súa fundación no ano 928 por parte de don Álvaro e dona Sabita como mosteiro patrimonial e dúplice, dedicándose aos santos Clodio, Lupercio e Vitoria. A mediados do século XII, 1151 ou 1158, acolleuse á orde de San Bieito a través da importante figura do abade Pelaxio, dentro da beneditinización promovida durante o reinado de Afonso VI o dominio da zona por Raimundo de Borgoña e a presidencia do bispo Dalmacio, monxe cluniacense, na Iria Flavia entre 1094 e 1095. No Capítulo Xeral de 1225 adscribiuse, a través do mosteiro de Melón, á orde cisterciense. En 1510, dentro da reforma do clero regular impulsada polos Reis Católicos, o mosteiro foi cedido á Congregación cisterciense de Castela por un abade dimisionario, confirmándose a incorporación na década de1530. Neste mosteiro escribíronse os derradeiros documentos do clero regular en lingua galega durante os Séculos Escuros, trátase dun foro e unha licenza datados en 1532. En 1779 tiña no seu poder catro freguesías e catorce coutos. Coa desamortización destinouse a cuartel da Milicia Nacional, sendo na práctica abandonado. A vida monacal recomezouse en 1891 por parte de monxes beneditinos, que o deixaron a finais do século XX. No ano 2000 a Xunta de Galicia asinou un convenio co Grupo Hotusa para a explotación como hotel de luxo durante 25 anos, prorrogables por outros 5. == Descrición == No mosteiro non fican restos anteriores ao século XVI, en que foi totalmente reconstruído, a excepción da fachada da igrexa primitiva, que é unha das únicas tres cistercienses que se conservan en Galiza (as outras son as da Armenteira e Meira), e as trabes románicas. === Igrexa === A Igrexa é unha das poucas igrexas conservadas do Císter. Construída entre 1220 a 1250, é de planta basilical, de tres naves de catro tramos cada unha e cun cruceiro que non se marca nin en planta nin en alzado, e cabeceira composta por tres ábsidas semicirculares de distintas alturas, das cales a central está máis destacada. Nun principio cubríanse as naves con cubertas de madeira a dúas augas (consérvanse as antigas vigas románicas), substituíndose coa incorporación á Congregación de Castela por bóvedas nervadas que alteraron os piares e a iluminación proveniente das ventás e rosetóns. Na actualidade o primeiro tramo recto da ábsida central cóbrese con bóvedas nervadas de crucería cuadripartita e o resto con bóvedas de canón apuntado e forno. Os arcos triunfais, igual que os forneiros e os faixóns das naves laterais, son apuntados. Os capiteis do templo e as resolucións decorativas enlázano cos mosteiros de Melón ou Oseira e outros galegos, e falan de mestres errantes. No exterior a cabeceira mantén os seus volumes, destacando a capela central. As ventás desta capela presentan arcos moldurados, e nas laterais redúcense a un simple arco liso sobre as xambas. Os beirados amosan canzorros moi sinxelos con motivos xeométricos. A fachada do século XIII presenta tres rúas separadas mediante contrafortes, e en dous corpos mediante unha sinxela imposta, e tres arquivoltas aboceladas e un arco escarzano do século XVI sobre o que pende a moldura dun antigo rosetón (hoxe transformada en ventá rectangular) e outros dous nas naves laterais, transformados en óculos sen trazaría. O conxunto remata no suroeste cunha torre rectangular dun só piso. === Os claustros ===…

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近