僧院

Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro

Pombeiro · Pantón · Lugo

Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, 僧院 en Pantón

照片: Lucas Vázquez · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Pombeiro, Pantón的宗教建筑, 海拔约 247 米, 距Luíntra 4.6 km.

O mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro ou San Vicente Polumbario é unha edificación relixiosa da que queda a igrexa de estilo románico situada na parroquia de Pombeiro do concello de Pantón na Ribeira Sacra.

Historia

De orixes eremíticas, remontables ao Reino Suevo, semella ter sido fundada pola raíña de Galicia Goto Muñiz, dona de Sancho Ordóñez no século X. En 1109, a raíña Orraca doouna á Orde de Cluny. Coincidindo co esplendor do monacato medieval, foi reedificada no século XII e XIII. Foi priorado ata o 1526 en que foi asumido polo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Igual que outros mosteiros bieitos, as reformas dos Reis Católicos, sometérono á Congregación de Valladolid.

Arquitectura

Contén tres naves e os correspondentes tras ábsidas. A portada principal, enmarcada entre contrafortes e baixo un decorado gardachoivas é de estilo protogótico. As outras portadas, de época similar, son tamén de notable interese arquitectónico medieval, a do norte, tamén enmarcada en contrafortes, sitúase baixo un apreciable rosetón. Existen pinturas interiores do século XV, e retablos renacentista e barroco.

Galería de imaxes

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Mosteiro

供奉 Vicente de Huesca

该点海拔 ≈ 247 m · Terrain Tiles

最近城镇 Luíntra,4.6 km

全市人口 2,351 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

附近