僧院
Mosteiro de San Xulián de Samos
Samos · Lugo
照片: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Galicia · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Samos的宗教建筑, 海拔约 541 米, 距Camiño Francés 73 m.
O mosteiro de San Xulián de Samos, tamén mosteiro de San Xiao de Samos, é un mosteiro medieval fundado no século VI, segundo a tradición por Martiño de Dumio, que chegou a ser un dos de maior importancia de Galicia, e que na actualidade se atopa en bo estado de conservación. Pertence á orde dos beneditinos e está no concello de Samos (provincia de Lugo).
Historia
A súa fundación atribúeselle a Martiño de Dumio. Sábese que foi renovado por Froitoso de Braga no século VII, mais o primeiro escrito que o menciona é do ano 665: unha inscrición nos muros do claustro da portaría que di que foi reconstruído polo bispo de Lugo Ermefredo. Despois desta restauración foi abandonado coa invasión musulmá, até a reconquista do rei Froila I das Asturias (arredor do 760). Cando, anos máis tarde, este foi asasinado, atoparon refuxio nel a súa viúva e o seu fillo, o futuro Afonso II, o Casto. Gañou con isto a protección real, comezando polas propiedades en media milla á redonda, que propiciaría o seu crecemento. A comezos do século X o bispo Ero de Lugo tentou facerse co seu control e expulsou os monxes,[Cómpre referencia] mais no mesmo século foi reocupado a instancias do rei Ordoño II. Desde 960 a comunidade viviu baixo a regra de San Bieito, se ben no século XII durante o bispado de Xoán de Lugo, se sumou á reforma cluniacense.[Cómpre referencia] O mosteiro de Samos desfrutou de grande importancia durante a Idade Media, o que se reflicte en que posuía duascentas vilas e quiñentos lugares. En 1558, incorporado xa a San Benito El Real de Valladolid, sufriu un incendio que obrigou á súa total reedificación. A comunidade foi exclaustrada en 1835, aínda que os monxes beneditinos regresaron en 1880. Sufriu outro incendio en setembro de 1951, tras o que foi reconstruído. Neste mosteiro residiu un tempo o escritor cambadés Ramón Cabanillas, ao que lle dedicou Samos, a súa última obra publicada en vida.
Descrición
Nel atópanse tres estilos arquitectónicos, o gótico tardío, o renacentista e o barroco.
Igrexa
A igrexa, barroca, foi construída entre 1734 e 1748. Ten planta de cruz latina e tres naves. O interior é luminoso e solemne. A bóveda está iluminada por oito óculos e as pinturas dos catro doutores marianos beneditinos (Anselmo, Bernardo, Ildefonso e Ruperto). O retablo maior tamén é clasicista e ten unha imaxe do patrón do mosteiro, San Xulián, obra de Xosé Ferreiro. A fachada, barroca, vai precedida dunha escalinata en forma de lazo que recorda a do Obradoiro. Está dividida en dous corpos, cunha porta flanqueada por catro columnas de orde dórica sobre pedestais, que se repiten no corpo superior flanqueando o óculo. A sancristía, de finais do XVIII, consiste nunha bóveda de planta octogonal apoiada en arcos de medio punto. A biblioteca, de 31 m. de longo, conta cun fondo de 25.000 volumes.
Claustros
Ten dous claustros. O Claustro Grande foi construído entre 1685 e 1689 e ten 3.000 m² (54 m de lado), polo que é o maior de España. Coñécese como "do padre Feijoo", por tomar este o hábito beneditino neste mosteiro en 1690, e está presidido por unha estatua súa, obra de Francisco Asorey. O estilo é unha combinación austera e sinxela de clasicismo e herrerianismo: nove arcos de medio punto por cada lado na planta baixa, columnas dóricas nas dúas primeiras plantas e xónicas nos ventanais da terceira. Os muros do piso superior foron decorados con cenas da vida de San Bieito e son obra de Enrique Navarro, Celia Cortés e Xosé Luís Rodríguez. O Claustro Pequeno ou "das Nereidas" foi construído entre 1539 e 1582 polo monfortino Pedro Rodríguez, cuxo nome aparece nunha das claves da banda suroeste. Imita o estilo gótico e ten curiosos motivos de decoración, como a inscrición humorística "¿Qué miras, bobo?" nunha clave. O centro do claustro ocúpao a fonte barroca das Nereidas, de comezos do XVIII. O mosteiro foi colexio de Teoloxía e Filosofía e é parada importante do Camiño de Santiago, xa que conta cunha hospedaría.
Galería de imaxes
Outros artigos
Capela de San Salvador de Samos Mosteiro Mosteiros e conventos de Galicia === Ligazóns externas ===…
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Mosteiro · Monumento
风格 Arquitectura gótica serodia
供奉 Xián o Hospitaleiro
创建者 Martiño de Dumio
所属 Camiño de Santiago francés na provincia de Lugo
别名 Abadía de Samos · Monasterio de Samos · Mosteiro de Samos · Abadía de San Xulián de Samos · Monasterio de San Julián de Samos · Samos Abbey
保护级别 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural
该点海拔 ≈ 541 m · Terrain Tiles
最近城镇 Sarria,8.9 km
圣雅各之路 Camiño Francés,73 m
全市人口 1,162 (2025) · IGE
如何前往
开放时间 Apr 01-Nov 23: Mo-Sa 10:00,11:00,12:00,16:30,17:30,18:30 · Apr 01-Nov 23: Su,PH 12:45,16:30,17:30,18:30 · Nov 24-Mar 31: We-Mo 12:30,16:30
门票 5 € (visita guiada por un monxe, uns 40 min)
电话 +34 982 546 046
abadiadesamos.com (horarios, teléfono e web) · prezo informado por visitantes · 2026-09-02
乘巴士前往
- SAMOS (ALBERGUE)82 米外SARRIA E.A.-PEDRAFITA DO CEBREIRO · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · CEIP de Samos-Zoó
- SAMOS (ALBERGUE)125 米外Sarria E.A.-Pedrafita do Cebreiro · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · CEIP de Samos-Zoó
- Samos (marquesiña)168 米外SARRIA E.A.-PEDRAFITA DO CEBREIRO · Sarria E.A.-Pedrafita do Cebreiro · Sarria E.A.-Santa Mariña · Sarria E.A.-Santa Mariña · CEIP de Samos-Zoó · CEIP de Samos-Zoó
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。