博物館

Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Vilalba · Lugo

Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba é un museo municipal de Vilalba. As súas actividades céntranse na investigación, conservación e difusión da prehistoria e historia antiga de Galicia.

Historia

Foi fundado e dirixido polo médico e arqueólogo José María Ramil Soneira. Dende o pasamento de Ramil Soneira en 2014, o director do centro é o seu fillo, Eduardo Ramil Rego. A súa sede trasladouse á Rúa Dr. Domingo Goas, nº2 no verán de 2002.

Exposicións

A súa temática vai dende o Paleolítico ata a época romana no noroeste da Península Ibérica. Os materiais arqueolóxicos proveñen de depósitos particulares e das descubertas de escavacións arqueolóxicas promovidas polo museo ou outras entidades. Conta cunha exposición permanente que ten a máis completa colección de materiais do Paleolítico ao Mesolítico de toda Galicia. Contén tamén os restos da ocupación humana máis antiga de Galicia e o primeiro obxecto de arte atopado no país, un colgante procedente da estación paleolítica de Férvedes II (Xermade). Está feito posiblemente de esteatita, é plano e ten forma oval. Ten un orificio de forma circular, supostamente para o cordón do que penduraba, e como decoración un trazo recto e vertical no centro das dúas caras, máis fondo dunha delas. É semellante a outras pezas de xacementos magdalenienses do Cantábrico.

Publicacións

Férvedes, unha revista científica editada polo propio museo.

Outros artigos

Museos de Galicia Cultura castrexa Arte paleolítica en Galicia

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近