博物館

Museo Santiago Rey Fernández-Latorre

Oseiro · Arteixo · A Coruña

Museo Santiago Rey Fernández-Latorre 还没有照片

如果你有一张,上传到 Wikimedia Commons ↗并附上坐标,它就会自动出现在这张地图上,以及任何使用开放数据的地图上。 或者发送给我们。

{{Location|43.32084|-8.50300}}

Oseiro (Arteixo, A Coruña)的博物館, 海拔约 44 米, 距Arteixo 1.8 km.

o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, anteriormente coñecido como Museo de Artes Gráficas do Grupo Voz é un museo adicado ao xornalismo do concello de Arteixo (situado na sede central da Corporación Voz de Galicia, no Polígono Industrial de Sabón), na área metropolitana da cidade da Coruña (Galiza).

Exposición

O museo conta nos seus fondo con arredor de 5.000 exemplares de xornais e revistas, así como con 38 máquinas de imprenta; está situado na sede central da Corporación Voz de Galicia, no polígono de Sabón (Arteixo-A Coruña). Entre as obras expostas salienta a recuperación de tódalas épocas da historia do xornalismo e de tódolos recunchos do planeta, dende o Otago Daily Times (3 de xaneiro de 1881), diario representativo da prensa australiana, ata Acción Gallega, publicación fundada por Basilio Álvarez e símbolo da prensa agraria na Galiza. Tódolos fondos do museo están expostos nunha sala de 1.200 metros cadrados e dixitalizados para a consulta.

Historia

O museo foi inaugurado o 18 de novembro de 1998 polo rei Xoán Carlos I de España. Daquela os fondos do museo rondaban os 800 exemplares, que inicialmente eran unha colección particular de Santiago Rey Fernández-Latorre. No 2001 ampliáronse as instalacións e a sala de exposición acadou os 1.200 m², ampliándose tamén a colección a 2.019 exemplares e 29 máquinas. A principios do 2003, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre realizou unha reestruturación dos fondos para renovar os documentos expostos ao público e incorporar as últimas adquisicións. O historiador e presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, foi o responsable de levar a cabo a catalogación, empregando un criterio temático partindo de oito grandes grupos (a primeira prensa, Galiza, España, Europa, América, Asia e Australia, África e as dúas guerras mundiais) nos que os exemplares se dividen en bloques que repasan os temas máis destacados en cada época e lugar.

Principais pezas

Entre os fondos cabe salientar algunhas cabeceiras raras como é o caso de La Gazeta de La Coruña (da cal se coñecen unicamente cinco exemplares), o Diario de Valencia (do que non falan as historias da prensa), así como as dúas xoias do museo, El Catón Compostelano (primeiro xornal que se imprimiu na Galiza e que data do 1 de maio de 1800) e o Nuevos Avisos de Inglaterra (o documento máis antigo do museo, que foi impreso en Sevilla en 1599 para informar das persecucións ás que eran sometidos os católicos a causa da rebelión irlandesa). De entre a maquinaria salienta a rotativa Winkler Fallert, adquirida por La Voz de Galicia en 1930.

Outros artigos

Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre Santiago Rey Fernández-Latorre

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

别名 Museo de Artes Gráficas do Grupo Voz

该点海拔 ≈ 44 m · Terrain Tiles

最近城镇 Arteixo,1.8 km

全市人口 34,389 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读官方网站路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近