考古遗址
Museo Universitario A Domus do Mitreo
Lugo

照片: Campus Terra · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Lugo的考古遗址, 海拔约 451 米, 距Vía Romana XIX 86 m.
A Domus do Mitreo é un museo universitario, situado na cidade de Lugo, que acolle unha antiga vivenda romana e un templo consagrado ao deus Mitra. A domus descubriuse durante unhas escavacións arqueolóxicas no Pazo de Montenegro, e foi adquirido pola Universidade de Santiago de Compostela a finais da década de 1990. Atopáronse os restos dunhas antigas construcións romanas que se inician no século I. Rematadas as escavacións, a parte baixa do vicerreitorado da USC en Lugo converteuse en museo. O museo é propiedade da USC e do Concello de Lugo, e está xestionado pola Universidade.
O espazo
En xullo de 1998, a Universidade de Santiago de Compostela adquiriu o pazo de Montenegro e os edificios adxacentes, que estiveran deshabitados durante décadas, para rehabilitalos e urbanizalos de acordo cun proxecto arquitectónico que proporcionaría á cidade un inmoble para acoller a Vicerreitoría do Campus de Lugo e mais outras instalacións culturais. As escavacións acadaron unha superficie de 600 m² e leváronse a cabo durante varias campañas entre 2000 e 2007 baixo a supervisión do arqueólogo Celso Rodríguez Cao, aínda que non foi posible chegar máis aló da Porta de Santiago nin da praza de Pío XII, situada diante da catedral, o que impediu coñecer outros aspectos relevantes da cronoloxía dos restos arqueolóxicos. No sitio documentouse unha domus romana que conta con diferentes fases de construción. No Baixo Imperio sufriu unha gran reforma e construíuse un templo mitraico ou mitreo. Coa construción da Muralla de Lugo abandonouse a domus, se ben o templo a Mitra seguiu en uso durante un tempo. O espazo da domus acolleu traballos relacionados coa propia construción da Muralla, como un muíño no interior do Oecus. O sitio seguiu ocupado nas diferentes fases históricas da cidade. Atopáronse restos que van dende a Idade Media, como o cemiterio vinculado á catedral de Lugo, ata a época contemporánea, como o propio pazo de Montenegro.
Musealización
O espazo musealizado agrupa diversos restos arqueolóxicos en tres recintos: o vestíbulo, a planta subterránea (con pano da muralla orixinal e templo de Mitra) e o primeiro andar. As instalacións do museo permiten o acceso á escavación arqueolóxica desde a planta baixa, e a un espazo expositivo situado no primeiro andar que explica a evolución histórica desa área da cidade e dos edificios construídos desde a Idade Media ata a actualidade. Trala construción do edificio, cuxo proxecto e dirección correu a cargo do arquitecto Felipe Peña, o proxecto de musealización adiouse durante varios anos, por mor do seu elevado custo. Finalmente, tras un investimento final, o Museo Universitario abriu as súas portas o 22 de marzo de 2018. Conta cunha sala de conferencias situada na planta baixa (a Casa do Saber). O espazo é accesible mediante unha plataforma elevadora.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Museo · Sitio arqueolóxico
启用 2018
管理者 Universidade de Santiago de Compostela
该点海拔 ≈ 451 m · Terrain Tiles
最近城镇 Lugo,351 m
附近步道 Vía Romana XIX,86 m
全市人口 100,071 (2025) · IGE
如何前往
开放时间 Tu-Sa 11:00-14:00, 17:00-20:00 · Su 11:00-14:00
门票 收费
电话 +34 982821513
乘巴士前往
- IES LUCUS AUGUSTI337 米外Lugo E.A.-O Mallarego II (dársena) · Lugo E.A.-O Mallarego II (dársena) · Lugo E.A.-Carballido · Lugo E.A.-Carballido · Lugo E.A.-Ferroi · Lugo E.A.-Ferroi
- LUGO E.A.395 米外Liña Conecta A Coruña-Lugo · Liña Conecta A Coruña-Lugo · A Coruña E.A.-HULA-Lugo E.A. · A Coruña E.A.-HULA-Lugo E.A. · Lugo E.A.-Santiago E.I. · Lugo E.A.-Santiago E.I.
- IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes449 米外Pedrafita do Cebreiro-Hospital HULA · Pedrafita do Cebreiro-Hospital Hula · Pedrafita do Cebreiro-Hospital Hula · Pedrafita do Cebreiro-Hospital HULA · IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes-Coeo · IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes-Viador
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。