灘

O Fuchiño

San Miguel de Oia · Vigo · Pontevedra

O Fuchiño, 灘 en Vigo

照片: Gallego21 · Public domain · Wikimedia Commons ↗

西班牙的海滩, 海拔约 4 米, 距Camiño Portugués da Costa 293 m.

A praia de Xunqueiro é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Recibe outras denominacións como praia do Fuchiño, praia de Fuchiños, praia da Mosca ou praia de Monduíña. Trátase dun areal semiurbano que conta cunha lonxitude aproximada de 600 metros.

Localización e acceso

Está situada no lugar de Canido, na parroquia viguesa de San Miguel de Oia. A parte posterior está delimitada por zonas residenciais. Encóntrase flanqueada en dirección oeste pola praia da Sobreira e ao leste polo porto e pola praia de Canido. Pode accederse á praia desde a estrada PO-325 para tomar posteriormente a rúa Arquitecto Gómez Román. Nesta vía existe un acceso peonil e tamén un pequeno aparcadoiro habilitado. A liña L10 de Vitrasa presta servizo a esta praia, así como o autobús interurbano Vigo-Baiona.

Descrición

Trátase dunha praia estreita e alongada. A area é fina e branca con matices de cor crema. Presenta tamén afloramentos rochosos. O areal conta cun miradoiro sobre a ría de Vigo que permite visualizar a illa de Toralla.

Outros artigos

Canido San Miguel de Oia Illa de Toralla Praia de Canido Praia do Vao

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Praia urbana · Praia de rochas

长度 600 m

该点海拔 ≈ 4 m · Terrain Tiles

最近城镇 Nigrán,5.6 km

圣雅各之路 Camiño Portugués da Costa,293 m

全市人口 295,735 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近