保护区
O Invernadeiro
Pradoalbar · Vilariño de Conso · Ourense · 1997
照片: dorfun · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Pradoalbar (Vilariño de Conso, Ourense)的保护区, 海拔约 1,080 米, 距Viana do Bolo 17.9 km.
O Invernadeiro é un parque natural galego que abrangue as montañas do sur do macizo central e que se atopa no concello ourensán de Vilariño de Conso. Está situado entre os ríos da Ribeira Grande e da Ribeira Pequena e entre as serras de San Mamede, de Queixa e do Fial das Corzas. O parque destaca pola súa biodiversidade, en especial polos seus mamíferos (como os corzos, cervos e cabras bravas) e os peixes das súas ribeiras, e a súa xeomorfoloxía. Os seus cumes son espazos abertos de pastos, as súas abas contan con corgos e cóbrenas as uceiras e queirogais e nas ribeiras dominan as fragas e os soutos. É un parque desde o século XX despoboado mais que desde século XV, cando menos, fora un terreo propiedade de nobreza ligada á Casa da Mezquita. Estes aforábanllo e arrendábanllo ás xentes do val do Conso. No século XX aproveitouse para a plantación madeireira e a papelería. Un incendio forestal de 1979 deu pé a que fose comprado pola Xunta de Galicia en 1984. Aí comezaría a súa protección, primeiro como refuxio de caza en 1989 e logo como espazo con actividades reguladas 1990. O 5 de xuño de 1997 declarouse como o cuarto parque natural galego. Desde 2014 forma parque da zona especial de conservación (ZEC) do Macizo Central, a cal se propuxo en 1997. No ano 2022 volveu sufrir un grave incendio forestal.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Espazo natural protexido · Parque natural
面积 5.696 m²
该点海拔 ≈ 1,080 m · Terrain Tiles
最近城镇 Viana do Bolo,17.9 km
全市人口 501 (2025) · IGE