加利西亚领主宅邸

Pazo de Cedofeita

Cedofeita · Ribadeo · Lugo

Pazo de Cedofeita, 加利西亚领主宅邸 en Ribadeo

照片: Agremon · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Torre (Cedofeita, Ribadeo)的民用建筑, 海拔约 147 米, 距Camiño do Norte 2.5 km.

O pazo de Cedofeita é un pazo situado no lugar da Torre (Cedofeita, Ribadeo), de propiedade privada.

Características

Está situado a 8 km da vila de Ribadeo. Foi construído entre finais do século XV e principios do XVI. De planta rectangular, fabricado en cachotería de lousa e cadeiría de granito en vans e esquinais, con cuberta de lousa a catro augas e con cheminea-torre. Composto dun corpo con baixo e primeiro piso e unha torre de dous andares, con remate en ameado. O conxunto complétase cun hórreo, un pombal circular, un muíño e unha pequena capela de estilo barroco rococó e con espadana dun só van, onde se atopa no centro do retablo a imaxe da Virxe de Nosa Señora da Soedade da súa devoción. Todo iso está rodeado por un alto muro con dúas portadas, unha das cales leva a fachada principal (cara ó mediodía), onde se encontra o escudo de armas, e a outra, orientada o norte, conduce ata unha escalinata de pedra pola que se accede a vivenda. O escudo de armas de madeira substitúe a un anterior de pedra, coas liñaxes de casas como os Armada, Cid, Pedrosa ou Sánchez. Ten un recinto amurallado cunha zona de cultivo, árbores froiteiras e xardín. Tense usado como calabozo, xulgado, e zona de execución con guillotina para os sentenciados a morte. En Cedofeita é coñecido como Casa Grande. Nos anos 20 do século XXI é usado puntualmente polo Colectivo As Vacas Fracas como lugar de encontro, actuación e dinamización.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 加利西亚领主宅邸

别名 Pazo de Cedofeita

该点海拔 ≈ 147 m · Terrain Tiles

最近城镇 Ribadeo,9.1 km

圣雅各之路 Camiño do Norte,2.5 km

全市人口 9,996 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近