加利西亚领主宅邸
Pazo de Figueiras
Folladela · Melide · A Coruña
Pazo de Figueiras 还没有照片
如果你有一张,上传到 Wikimedia Commons ↗并附上坐标,它就会自动出现在这张地图上,以及任何使用开放数据的地图上。 或者发送给我们。
{{Location|42.95889|-8.01581}}
Folladela, Melide的庄园宅邸, 海拔约 513 米, 距Melide 4.9 km.
O pazo das Figueiras é un pazo situado na parroquia de Folladela, Melide.
Características e historia
Este pazo é unha completa edificación palaciana, xa que recolle o conxunto de elementos que definen a este tipo de arquitecturas señoriais, xunto co de Tarrío, na parroquia de Xubial, os únicos que poden considerarse como tal no termo municipal de Melide, aínda que existen bastantes Casas Grandes con blasóns, pero que non respostan ós parámetros estruturais que definen un pazo, senón a casas solariegas., dos únicos que poden considerarse como tal no termo municipal de Melide, aínda que existen bastantes Casas Grandes con brasóns, pero que non respostan aos parámetros estruturais que definen un pazo, senón a casas solariegas. Neste pazo naceu o bispo Xoán Varela Fondevila no ano 1721, que finou no ano 1785 en Santiago de Compostela, prelado que foi bispo auxiliar do arcebispo compostelán Bartolomé de Raxoi e Losada. Ademais foi xuíz eclesiástico, vigairo xeral, xuíz metropolitano e bispo de Tanes. Tamén naceu neste paso seu irmán Pedro Varela Fondevila, quen foi alcalde e xustiza ordinario da cidade compostelá. Do conxunto do pazo destácanse varias edificacións: a Casa do Pazo e o seu engadido, a Casa de servidume ou dos caseiros, o hórreo, a palleira, o pombal e, sobre todo. a súa capela. Da casa, artellada en dúas alturas e cunha planta en forma de T, sobresaen as súas pedras armeiras e a súa rexa cheminea. O máis destacado é o escudo situado na fachada leste; un escudo de grandes dimensións, en perfecto estado de conservación grazas a estar situado nunha parede resgardada das inclemencias do tempo, que aparece timbrado por un helmo de perfil mirando cara á dereita e está distribuído en catro cuarteis: no primeiro vese un anxo e dúas filas de tres flores de lis (emblema dos Fondevila); no segundo cinco varas verticais (do apelido Varela); no terceiro un brazo de cabaleiro flexionado sostendo na man unhas ramallas ou espigas; e no cuarto unha aguia (do apelido Aguiar). Na fachada principal, orientada cara ao norte e aberta ao patio, ábrese a porta principal á que se accede mediante unha escaleira de deseño piramidal, composta de cinco chanzos moldurados. Sobre o lintel desta porta principal aparece unha pedra armeira rectangular que contén un anxo e seis flores de lis (do apelido Fondevila), e mesmo o lintel está provisto dun motivo decorativo consistente nunha venera sobre voluta.
Outros artigos
Pedro Varela Fondevila Xoán Varela Fondevila
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 加利西亚领主宅邸
所属 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
别名 Pazo de Figueiras
保护级别 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
该点海拔 ≈ 513 m · Terrain Tiles
最近城镇 Melide,4.9 km
全市人口 7,840 (2025) · IGE
乘巴士前往
- A Pena (Folladela)405 米外IES de Melide-A Pena (empalme) · IES de Melide-A Pena (empalme)
- A Pena (empalme)411 米外IES de Melide-A Pena (empalme) · IES de Melide-A Pena (empalme)
- FIGUEIRAS456 米外IES de Melide-A Pena (empalme) · IES de Melide-A Pena (empalme)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。