加利西亚领主宅邸

Pazo de Soesto

Soesto · Laxe · A Coruña

Pazo de Soesto, 加利西亚领主宅邸 en Laxe

照片: Vanbasten 23 · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Soesto, Laxe的庄园宅邸, 海拔约 57 米, 距O Camiño dos Faros 1.9 km.

O Pazo de Soesto ou Pazo de Leis (tamén chamado do Rueiro, de Posse, ou de Branco-Raxoi) é un pazo situado no val de Soesto (Val de Traba, Val de Laxe) no lugar do Rueiro, na parroquia de Soesto, no concello coruñés de Laxe. É de propiedade privada.

Historia

No mesmo lugar no que hoxe se ergue o pazo, a tradición sinala (e, ao parecer, documentos da época[Cómpre referencia]) que foi anteriormente ocupado por unha residencia rexia, ocupada en certas ocasións polo rei de Galiza e León Afonso IX (1171-1230). Porén disque xa antes Afonso VII (1105-1157) (primeiro Rei de Galiza (1111), despois de Castela e León (1126) e, finalmente, Emperador en 1135) morara nesta casa e baixo tutela do Conde de Traba no Mosteiro de Moraime, moi achegado ao pazo. O edificio actual foi construído no ano 1570 por Gonzalo Posse o Vello. En 1576 ergueu unha capela lateral advocada á Virxe do Rosario na Igrexa Parroquial de Santo Estevo de Soesto. A finais do século XVII, Teresa Posse Pérez de Antelo casa con Rodrigo de Leis-Vilardefrancos, descendente da casa de Mordomo-Traba. O pazo pasou varios séculos en mans dos diferentes herdeiros até que en 1887 Josefa Vicenta Gutiérrez de Caviedes e Leis escriturouno a favor dun avogado de Verín, sobriño do seu home, Ramón Blanco-Rajoy Poyán, coma pagamento dunha débeda.

Estilo

O pazo, de cantaría de granito, é de sobria elegancia, sen ameas e fachadas con escasa decoración agás o escudo de armas da familia Leis (un piñeiro e unhas lanzas). O estilo é sinxelo cun bo traballo da pedra, e con algúns elementos grandiosos como os grandes perpiaños de granito ou as grandes chemineas. A planta é rectangular e posúe dous andares, agás centro, onde ten un pequeno corpo de torre de tres andares. Posúe tamén unha galería. Conta cun xardín de hortensias e palmeiras e cun pombal, todo arrodeado dun rexo muro de pedra.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

年代 近代早期

类型 加利西亚领主宅邸

别名 Pazo de Soesto

该点海拔 ≈ 57 m · Terrain Tiles

最近城镇 Laxe,3.1 km

附近步道 O Camiño dos Faros,1.9 km

全市人口 2,881 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近