加利西亚领主宅邸
Pazo de Torres Agrelo
Reboreda · Redondela · Pontevedra
照片: juantiagues · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Reboreda, Redondela的庄园宅邸, 海拔约 64 米, 距Caminho Português de Santiago 554 m.
O pazo de Torres Agrelo é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Reboreda.
Descrición
A súa construción data do ano 1750. O edificio principal do pazo é rectangular con dúas almenaras en cada extremo. No seu interior, destacan a existencia de azulexos de Triana, unha escaleira central de madeira de castiñeiro e varias fiestras de vidro policromado. Foi empregado como hospital para o exército xermano durante a segunda guerra mundial e como refuxio durante a guerra civil española, e por este motivo conserva restos de pasaxes subterráneas. Na actualidade emprégase para fins de restauración e hostalaría. Mariscal Leoncio Rubín de Celis, natural de Redondela, mandou erguer o pazo en 1865, e o seu escudo aínda figura na fachada principal. En 1910, os xornais sinalaron que o pintor Joaquín Sorolla tiña interese en alugar o pazo para pasar o verán, aínda que non se confirma que finalmente o fixese. [3] A comezos do século XX, o pazo pasa a ser propiedade da familia Iturria, de Donostia, quen o mantería durante practicamente todo o século. Durante a época dos Iturria (fundamentalmente en meados do século XX), a propiedade investiu de forma significativa na mellora e ornamentación do xardín: creáronse unha gruta e fontes, un estanque e camiños ao estilo dos xardíns de Santa Lucía de Portugal, e destinárono tamén a celebración de eventos e banquetes. Foi entón cando o xardín acadou o seu máximo esplendor e participaría en concursos paisaxísticos. Deste período destacaron especialmente as camelias centenarias (Camellia japonica e Camellia sasanqua), con exemplares de entre 100 e 150 anos, algunhas de gran porte —de ata 10–15 m de copa— incluídas no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia por idade, tamaño e valor botánico. En 2020 estaba dedicado á hostalaría, con suxestivos xardíns para eventos e hóspedes.
Árbores senlleiras
As camelias das especies Camellia sasanqua e Camellia japonica dos xardíns do pazo figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia, ao igual que a tuia xigante.
Outros artigos
Reboreda, Redondela
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 加利西亚领主宅邸
该点海拔 ≈ 64 m · Terrain Tiles
最近城镇 Redondela,1.1 km
圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,554 m
全市人口 28,928 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Reboreda (cruzamento de Agrelo)235 米外Redondela (A Farola)-Redondela (A Farola)
- Reboreda (cruzamento de Agrelo)242 米外Redondela (A Farola)-Redondela (A Farola)
- Ventosela (O Xogo dos Bolos)246 米外Redondela (A Farola)-Redondela (A Farola)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。