立石

Pedrafita do Casal

Melide · A Coruña · -349

Pedrafita do Casal

A Pedrafita do Casal é un gran megálito, construído en gneis ou ollo de sapo, dunha altura duns 5 m, aínda que á vista só mide 3,5 m. Está situado na aldea do Casal, parroquia de Campos, no concello de Melide. Foi atopada no 2012 durante a remodelación dun valado. Actualmente está situado na mesma parcela onde foi atopado, a escasos 200 m do castro de Campos. O acceso é doado, xa que se atopa á beira da estrada. Aínda que nun primeiro momento se dubidou se podería trataría dun esteo dunha anta ou monumento similar, hoxe a idea da súa construción como elemento exento parece a máis probable, sendo un dos exemplares de maior envergadura dos megálitos de Galicia. Datada sobre 3500 a. C. - 1800 a. C.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近