岩刻
Petróglifos do Monte Tetón
Tebra · Tomiño · Pontevedra
照片: Lansbricae from Santiago de Compostela, España · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Tebra (Tomiño, Pontevedra)的岩刻, 海拔约 450 米, 距Caminho Português de Nossa Senhora do Norte 925 m.
Os petróglifos do Monte Tetón son un conxunto de gravados rupestres situado en Tebra (Tomiño), no monte Tetón.
Descrición
Os petróglifos sitúanse no chamado Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón, acondicionado pola comunidade de montes de Tebra e o Concello de Tomiño, nun espazo onde tamén se atopa a mámoa do Outeiro da Pipa. Acolle un dos conxuntos máis importantes de arte rupestre do sur de Europa, xa que se atoparon preto de 200 gravados en rocha granítica da época da Idade do Cobre e a Idade de Bronce (entre os anos -2500 e -900). As gravuras, feitas en granito, mostran unha ampla gama de motivos abstractos e figurativos, incluíndo figuras de animais e humanas, así como figuras xeométricas concéntricas. O Grupo 1, tamén chamado petróglifo de Portaxes, confórmano unha laxe bastante fracturada de máis de 100 m², orientada ao leste sobre o val do curso baixo do río Miño. Ten unha gran concentración de combinacións circulares, coviñas, e círculos concéntricos con coviña central e liña de entrada ou saída, con aproveitamento das irregularidades da pedra para realzar o deseño. Hai varias figuras cuadrangulares asociados entre si mediante liñas, que se interpretaron como unha rudimentaria representación cartográfica. Tamén hai figuras antropomorfas esquemáticas, unha escena de monta, cérvidos, muíños naviculares e unha figura humana cunha arma. Amais, hai unha figura de dezaoito círculos concéntricos de entre 2,2 e 2,4 m de diámetro. O Grupo 2 está uns 60 m ao sur da primeira, nunha rocha con círculos e coviñas que aproveitan as irregularidades da superficie. O Grupo 3, tamén chamado petróglifo do Real Seco, é posiblemente o labirinto circular máis grande de Europa. Situado a 180 m ao oeste do 1, ao pé dunha caseta forestal, está composto por unha figura con 18 aneis concéntricos, algo deteriorados, cun diámetro máximo de 3,5 metros. .
Outros artigos
Grupo Galaico de Arte Rupestre
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 岩画 · Sitio arqueolóxico
该点海拔 ≈ 450 m · Terrain Tiles
最近城镇 Gondomar,6.3 km
圣雅各之路 Caminho Português de Nossa Senhora do Norte,925 m
全市人口 13,814 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Tomiño (Cimadevila)965 米外Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
- Tomiño (Cimadevila)987 米外Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I.
- Tomiño (Pinzás)1.1 公里外Fornelos-O Rosal-Tomiño-Gondomar-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro-Povisa-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。