山
薩克羅峰
Boqueixón · A Coruña · 533 m

O Pico Sagro, chamado modernamente Pico Sacro e coñecido na antigüidade como monte Ilicino e Mons Sacer, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. == Descrición == No cume existen unha ermida, unha cova con varias entradas, os restos dun castelo medieval e un vértice xeodésico. O monte é un filón de cuarzo de 533 m de altura, illado doutras montañas. O cume está dividido por unha fenda, posibelmente artificial, chamada Rúa da Raíña Lupa, desde alí vense os cimentos dunha pequena fortaleza, reconstruída polo arcebispo de Compostela Alonso II de Fonseca en 1473. Poucos metros por baixo da cima está a ermida de San Sebastián, fundada no século X e restaurada en varias ocasións. O 20 de xaneiro celébrase unha romaría neste lugar. Unha cova estreita e profunda atravesa o pico, lugar que segundo a tradición xacobea era unha das entradas ao inferno. A Vía da Prata, chamado ás veces camiño seabrés ou mozárabe, bordea a aba do pico. == Lendas == Na mitoloxía galega, a Raíña Lupa mandou os discípulos do apóstolo Santiago ó Pico Sacro (Mons Illicinus tal como se recolle no códice Calixtino) para que construísen un sepulcro para o apóstolo, sen saber estes que no lugar estaba a cova do Inferno, e que alí vivía un dragón. A uns 2 km ao SE do pico atopamos unha capela dedicada a Santiago coñecida como "de Santiaguiño" e unha fonte do século XVII que narra o encontro dos discípulos de Santiago co dragón do Pico Sacro. Cando o ergotismo (fogardente ou lume de Santo Antón) inzaba Galicia, había o costume de que os doentes fosen ó Pico Sacro e, tras facer no cume unha ofrenda dun pan, rezaban a seguinte oración: Pico Sagro, Pico Sagro, que te consagróu o bendito Sant-Iago, líbrame deste fogo airado, pola intercesión de la Virgen María, un Padre-nuestro e un Ave María. Ou, simplemente: "Pico Sagro, Pico Sagro, sáname do mal que eu trago". Vicente Risco, que supón que este ensalmo data do século XIII, fai fincapé no feito de que non se dirixe a santo ningún, senón ó monte mesmo, como se este puidese escoitar e sandar. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Libredón Montes de Galiza Río Ulla === Bibliografía === As montañas de Galiza. A Nosa Terra. 2006. ISBN 978-8483411261. Risco, Vicente (1962). "Etnografía: Cultura espritual". En Ramón Otero Pedrayo. Historia de Galiza I. Buenos Aires: Akal. pp. 255–777.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗