桥
Ponte Lubiáns
Carballo · A Coruña

A ponte Lubiáns está situada sobre o río Rosende, entre as parroquia de Oca (concello de Coristanco) e a de Carballo (concello de Carballo). == Características == Tamén coñecida como Ponte Vella, é de orixe romana (un altar dedicado ao deus Cosus, protector das colleitas do agro, lembra a súa orixe), mais foi reformada na Idade Media. Está formada por catro arcos asimétricos e atravesada por un tallamar triangular na parte central. Ten unha lonxitude de 40 metros, con 2,60 m de ancho, e unha altura máxima de 5,40 m. É un resto conservado da antiga vía romana per loca marítima que, vindo de Grandimirum (Brandomil, no concello de Zas) atravesaba a parroquia de San Martiño de Oca para continuar polo concello de Carballo ata Brigantium, hoxe cidade da Coruña. Aparece xunto coa Torre de Nogueira no escudo do concello de Coristanco. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Franco Maside, R. M. (2001): La vía Per Loca Marítima: un estudio sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia. === Ligazóns externas === Ponte Lubiáns Arquivado 15 de marzo de 2016 en Wayback Machine., na páxina do Concello de Coristanco.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
Chegar en bus
- Monteceloa 628 mCORUÑA E.A.-FISTERRA · CORUÑA E.A.-FISTERRA · Rial - Centro médico · CARBALLO E.A.-CORISTANCO-CORME PORTO · CORUÑA E.A.-CABO FISTERRA · Rial - Centro médico
- C-552/A-55a 640 mCORUÑA E.A.-FISTERRA · CARBALLO E.A.-CORISTANCO-CORME PORTO · CORUÑA E.A.-CABO FISTERRA · Teatro Colón-Fisterra · CORUÑA E.A.-RONDA DE OUTEIRO-VIMIANZO-MUXÍA
- C-552/A-55a 644 mRial - Centro médico · Rial - Centro médico · Rial - Carballo E.A. (institutos) · Rial - Carballo E.A. (institutos)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.