桥

Ponte Navea

San Xoán de Río · Ourense

Ponte Navea, 桥 en San Xoán de Río

照片: Álvaro Pérez Vilariño · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

San Xoán de Río, Ourense的桥, 海拔约 689 米, 距A Pobra de Trives 3 km.

A Ponte Navea é unha ponte que está situada por riba do río Navea, o cal fai fronteira entre San Xoán de Río e A Pobra de Trives. Esta, contén un único arco apuntado, que posúe unhas dimensión de 46,5 metros de lonxitude, 3,9 metros de anchura, unha altura de 14,2 sobre o nivel do río e 18,15 metros de luz.

Historia

É unha construción arquitectónica de orixe romana, segundo as pegadas que quedan visibles. Algunha destas son o paso da Vía XVIII (para a explotación da minaría e o control de Gallaecia) ou pegadas arqueolóxicas: un miliario (atopado no ano 1834) dedicado a dous emperadores, Tito e Domiciano , unha lápida de Aelio Sporo (na capela) ou outra de Popilius Hirsutus (na contorna). Na época medieval, producíronse bastantes cambios na construción inicial da ponte, reestruturándoa case por completo. O cambio máis destacado foi o estreitamento da mesma, pois na antigüidade tiña unha anchura de 7,60 metros. A maiores, tamén hai indicios de que nun principio houbese dous arcos en lugar de soamente un.

Contorna

Ao carón da ponte, atópase unha capela chamada Capela da Encarnación, que está, na actualidade, restaurada. Está construída sobre un templo orixinariamente romano. Na fachada apréciase unha cruz de Malta sobre un marco de medio punto, o que significa que pertenceu á orde militar de San Xoán de Xerusalén (chamada tamén, de Malta). Por alí pasaba un camiño de peregrinación Xacobea, e a misión que os cabaleiros desta orde tiñan era a de protexer os peregrinos que pasaban pola zona. Hoxe en día aínda se conservan casas ao carón da ponte, así coma unha paisaxe rodeada de carballos e castiñeiros. Metros máis abaixo do río Navea, hai un encoro xunto a dúas pontes, a Ponte Piago, do século XIX, e outra de finais do XX. Asemade, máis arriba atópase o Encoro das Guístolas, preto da estación eléctrica da Pobra de Trives.

Galería de imaxes

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

年代 罗马

类型 桥

命名来源 Río Navea

该点海拔 ≈ 689 m · Terrain Tiles

最近城镇 A Pobra de Trives,3 km

全市人口 516 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近