港口

Porto de Lorbé

Oleiros · A Coruña

Porto de Lorbé

O porto de Lorbé é un peirao galego do concello de Oleiros dedicado principalmente ao marisqueo e pesca. O porto está situado na ría de Ares, no lugar de Lorbé, no límite do concello de Oleiros co de Sada. A principal actividade do porto é dar servizo ao cultivo e explotación do mexillón. Nos anos 1950 iniciouse a instalación de bateas para o cultivo de mexillóns na zona, chegando a ter máis dun cento de bateas fronte ao porto na zona das augas interiores. Preto do porto está o acceso á Vía ártabra.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近