灘

Praia de Baltar

Adina · Sanxenxo · Pontevedra

Praia de Baltar, 灘 en Sanxenxo

照片: Lameiro · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Portonovo (Adina, Sanxenxo)的海滩, 海拔约 2 米, 距Portonovo 601 m.

A praia de Baltar ou praia de Portonovo é un areal situado en Portonovo (Sanxenxo). En 2016, como en anos anteriores, foi recoñecida co distintivo europeo da Bandeira Azul. Xunto ás de Canelas e Caneliñas, conforman as praias de Portonovo. Recibe o seu nome da aldea de Baltar, situada ó outro lado da estrada PO-308, que percorre a praia lonxitudinalmente.

Características

A praia está separada da estrada por un cordón de dunas formadas polo vento que levanta a area da praia e a empurra cara á súa zona posterior. Ente a duna e a estrada e ó longo da praia esténdese un paseo de madeira que une as localidades de Sanxenxo e de Portonovo. A praia esténdese dende a liña urbana da vila, a partir do peirao do Chasco, alcanzando uns 600 m de lonxitude, aproximadamente, até a rochosa Punta do Vicaño, que separa a praia de Baltar da de Silgar. É de area branca e fina, e con augas tranquilas, ó estar protexida polo promontorio de Punta Vicaño ó leste, e as instalacións do porto ó oeste. No citado peirao atópase o Club Náutico de Portonovo, entidade potenciadora dos deportes náuticos na zona. Tamén foi distinguido en 2016 cunha Bandeira Azul.

Aeródromo

Nesta praia existiu un aeródromo, onde voou a primeira muller piloto de Galicia, Elisa Patiño.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Praia de area branca · Praia urbana

长度 500 m

该点海拔 ≈ 2 m · Terrain Tiles

最近城镇 Portonovo,601 m

全市人口 17,990 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近