朝聖教堂
Santuario da Nosa Señora da Escravitude
Padrón · A Coruña

O Santuario da Nosa Señora da Escravitude é unha igrexa mariana enclavado na Escravitude, aldea da parroquia de Santa María de Cruces, Padrón. A carón do templo pasa o camiño portugués do Camiño de Santiago. == Orixe == A tradición recolle dous feitos que determinaron a construción do templo. O primeiro deles produciuse no 1582, cando Juan Pérez Mondragón, reitor da parroquia de Cruces, estivo a piques de morrer esmagado por unha árbore. Logo de librarse, en sinal de agradecemento á Virxe María, mandou esculpir unha imaxe da Virxe co neno, que foi situada sobre unha fonte que había no lugar, coñecida desde entón coma a Fonte Santa. O segundo dos feitos tivo lugar no 1732, cando un salnesán que padecía hidropisía se dirixía xunto coa súa muller e a súa filla cara ao hospital de Santiago de Compostela. Ao seu paso pola Fonte Santa, bebeu a súa auga e pediulle axuda á Virxe, e ao cabo de tres días curouse da súa enfermidade. A lenda di que daquela exclamou o seu agradecemento á Virxe por curalo "da escravitude" do seu mal, de onde derivaría o nome do santuario. En sinal de gratitude, doou o carro e os bois. Ó espallarse a nova, a fonte comezou a atraer devotos en busca de curación, o que trouxo consigo tamén un aumento das doazóns. == Historia do edificio == Con estas achegas construíuse unha capela onde se albergou a imaxe, chamada xa A Nosa Señora da Escravitude, e co paso do tempo ampliouse ata a actual igrexa. O documento notarial da pintura do retablo maior data a finalización das obras no 1743. No ano 1885, grazas ao financiamento dun galego enriquecido en América, construíuse unha segunda torre simétrica á que xa tiña o templo no 1743, sendo ese o aspecto do edificio que chegou aos nosos días. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Gran Enciclopedia Gallega
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
Chegar en bus
- A Escravitudea 50 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa
- A Escravitudea 58 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · A Coruña-Ordes-Santiago-Padrón-Vilagarcía-Vilanova-Cambados-Vilalonga-O Grove-A Toxa
- Queirugaa 865 mXuane (cruzamento igrexa)-Espasande--Cornide-Padrón E.A. · A SILVA-Padrón E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.