山
科雷尔山
Folgoso do Courel · Lugo
照片: Miguel Branco · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Folgoso do Courel, Lugo的山, 海拔约 999 米, 距Quiroga 14.6 km.
A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga, na Comarca de Quiroga.
Topónimo
A etimoloxía é descoñecida aínda que semella ter unha orixe galaica. Algúns relaciónano co latín: quadru, quadra a partir do diminutivo quadrellu, quadrella que dá o portugués courelo: ‘nesga de terra de cultivo’. Mais está documentado o topónimo Courel dende o ano 1000. Por iso considérase que podería ser unha voz prerromana ligada á orografía. O topónimo tamén se localiza nos concellos de Riotorto e O Páramo.
Localización e características
Ten unha extensión de 21.020 ha con fortes variacións de altitude, que van dende os 400–500 m no val do río Lor a máis de 1600 m nos puntos máis altos como monte Montouto, monte Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza. A poboación da zona é escasa e está moi esparexida, de xeito que os núcleos de poboación son moi numerosos e pequenos.Tamén ten importancia a nivel faunístico sendo unha das áreas do país onde se pode atopar o oso pardo. A Serra do Courel xunto coa veciña Serra dos Ancares forma parte da Rede Natura 2000 (Ancares-Courel) e atópase protexida por diversas figuras como LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) e ZEC (Zona de Especial Conservación). Amais, no seu interior atópase o Monumento Natural do Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós. Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país. Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxío Novoneyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.
Galería de imaxes
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Montaña · Cordilleira
该点海拔 ≈ 999 m · Terrain Tiles
最近城镇 Quiroga,14.6 km
全市人口 924 (2025) · IGE

