城堡
Torre da Barreira
A Estrada · Pontevedra
A torre da Barreira, coñecida tamén, en menor medida, como casa da Barreira ou fortaleza da Barreira, é un castelo, actualmente en estado ruinoso, situado no monte da Barreira, na parroquia de Riobó, no concello da Estrada. == Historia == === A Terra de Tabeirós na Alta Idade Media === Durante a Alta Idade Media, a Igrexa de Santiago de Compostela recibiu por parte dos monarcas e dos nobres unha enorme cantidade de riquezas e terras que lle deron poder e prestixio aos arcebispos que a rexeron. Pero estes, sempre desconfiados destas doazóns, que ás veces se facían por compromiso momentáneo ou por un agradecemento puntual, tentaban por todos os medios que foren corroboradas polos novos reis que subían ao trono e, sobre todo, polos sumos pontífices, para que foren estes, co seu prestixio universal, os que lle deren lexitimidade case transcendente a estas dádivas. Estas confirmacións facíaas o papa por medio de bulas pontificias en que, despois de facer a súa presentación, daba unha relación dos territorios pertencentes á mitra e, deseguido, unhas aseveracións para salvar de calquera cobiza humana estas posesións. Quedaban deste xeito estas terras como sacralizadas e impedidas para que sobre elas se fixer un ataque por parte da nobreza, tan común na época medieval. A Terra de Tabeirós, que foi doada á Igrexa do Santo Xacobe por Dona Urraca, filla de Afonso VI e da súa terceira esposa Costanza de Borgoña, tivo o seu centro de poder, mediante xuíces meiriños nomeados polos arcebispos e o cabido da arquidiocese compostelá, na fortaleza da Barreira, verdadeiro signo de poder até que foi derrubada polos irmandiños no final da Baixa Idade Media, e posteriormente espoliados os seus restos polos habitantes da zona até quedar reducida a uns mínimos vestixios cubertos de maleza. A primeira doazón importante á Igrexa de Santiago fíxoa Dona Urraca o 3 de xaneiro de 1115: O 8 de abril de 1154 o papa Anastasio IV confírmalle á Igrexa de Compostela os seus privilexios e as súas posesións: O 3 de setembro de 1165 o rei de Galicia e León Fernando II dóalle as Terras do Deza á mitra Compostelá como desagravio polas inxurias que esta recibira con motivo da aversión que lle tomaran ao arcebispo Martín Martínez. Neste documento sinálanse os lindes das terras de Deza: O 12 de abril de 1173 dispúñase a partir para Roma o bispo de Salamanca e arcebispo electo de Santiago Pedro Suárez de Deza, que fixo na igrexa compostelá varias reformas, entre elas a distribución da diocese en cinco distritos, adxudicándolle ao deán o goberno e a administración dun deles e os catro restantes a catro arcediagos. O título que asignou a cada un dos catro arcediagos foron o de Nendos, o de Trastámara, o do Salnés e o de Cornado. Estes catro subsistiron até o Concordato de 1851. Ao arcediago do Salnés correspondíanlle os arciprestados de Montesacro (Ribadumia), de Tabeirós, dos dous Montes (Montes e Cotobade), de Moraña, do Salnés e do Morrazo. Na constitución que se fixo o 17 de maio de 1177, pola que o mesmo arcebispo Pedro III fixou o número e as atribucións dos arcediagos da Igrexa de Santiago, fálase dos Archipresbiteratibus de Montesacro et de Tabeirolis et de utriusque Montibus. Todas estas posesións e privilexios da Igrexa de Compostela son de novo confirmados mediante a bula de Alexandre III: En pleno século XII xa estaban perfectamente definidas. O 8 de maio de 1187 Pedro Muñiz Tacón e a súa dona María Peláez doáronlle á Igrexa de Santiago «unha erdade en Moimenta, nas terras de Tabeirós». No ano 1188 foi o rei Afonso IX de León quen lle confirma á Igrexa de Santiago as súas posesións:…
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
Chegar en bus
- A MOTAa 421 mIES Avelina Valladares-A Sobreira
- Riobóa 422 mSilleda (marquesiña)-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A. · Silleda (marquesiña)-A Estrada E.A. · Silleda (marquesiña)-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Loimil-A Estrada (instituto FP)
- A MOTAa 448 mIES Avelina Valladares-A Sobreira
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.